Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Noutra pel

miércoles, 11 de enero de 2017
Ando estes días inventando promesas de historias que non sei en que devalarán. Non sei se sairán adiante ou ficarán, como tantas outras, adiadas no balbordo dunha vida que neste momento ten outras prioridades. Só sei que me fan compañía e que enchen de pensamento o meu tempo.

O caso é que, no meu lecer, deixeime levar por un soño ata agromar un personaxe moi querido que leva anos en min. Na súa pel atopei un xeito de contar beliscos de realidade que ficaron arquivados en imaxes de emoción. Houbo que estruturar estes beliscos nunha historia e agora toca decidir a lonxitude da mesma. A onde e ata onde quero viaxar nesta pel.

Hoxe só teño a certeza de que, como Fausto Bordalo, tiven un soño lindo e debuxeino nun papel.

É tempo de medrar, preguntarse e descubrir a vida con outros ollos, tecer e destecer con eles procurando Ítacas de porvir.

Quen nos dera vivir en moitas peles ata coller a forma da empatía...

Quen nos dera que facer un soño fora tan doado como soñalo...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES