Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nadal para Alepo

viernes, 06 de enero de 2017
Un ano máis, Begonte acolle a milleiros de visitantes que se achegan a ver o noso querido belén electrónico. Son moitos e moi singulares os beléns repartidos pola xeografía galega pero o noso, segue a ser un dos máis valorados supoño que pola particularidade da achega ao noso. Un belén de Begonte que deixa patente a maneira de vivir das nosas xentes durante moitos anos, deixando ver claramente o que somos, un pequeno pobo labrego da Terra Chá...un belén o de Begonte moi lonxe de Oriente.

Máis preto desas terras existe un lugar no que a xente non vive á súa maneira, non hai belén nin hai nada. Soamente miseria, morte e destrución.

Alepo é a cidade siria máis poboada, superando á súa capital Damasco. É ou era, porque son milleiros de persoas as que morreron ou desapareceron. Alepo só vive en guerra, acostumaron aos seus habitantes a vivir desa maneira, tal é así que o feito de que Bana, unha nena de sete anos o difundise polas redes sociais, está a demostralo. E qué facemos nós?? darlle ao “me gusta”, pensar nuns segundos sobre a sorte de Bana e milleiros de nenos da súa idade....logo, seguimos ao noso.

Tamén é certo que non é doado que xente de a pé podamos arreglar o conflicto sirio que dende moitos anos leva castigando a civís. Esa guerra non é súa. Lembremos que no noso país, non fai tantos anos tamén houbo unha guerra civil. Pero xa sabedes....hai mundos de primeira e de segunda....coma no fútbol.

Dame igual que sexa EE.UU, Rusia ou calquera outro país os que bombardean convois humanitarios, dame igual, sexa quen sexa.......sodes un cobardes e uns miserables.
¿Por qué os países “supostamente” desenrolados mirades para outro lado?

Os que tedes na vosa man que estos feitos non ocorran e impasibles deixades que morran milleiros de inocentes non merecedes nada. Probablemente incluso teredes beléns e árbores de nadal nas vosas casas cómodamente acondicionadas.....pero...cómo ousades!!!

Probablemente falaredes de que unha das grandes causas das guerras é a relixión.....a verdade, non vexo a Deus nin a Alá nin a Buda ordeando masacres deste tipo, pero é doado excusarse na relixión para satisfacer intereses políticos e económicos. É doado encherlle a cabeza de mentiras á xente que non ten nada que perder....porque non ten absolutamente nada.

Somos nós, os supostamente “humanos” os que provocamos e permitimos tales barbaries.....pero como di a canción “tranquilo majete en tu sillón”.

Fagamos un inciso no enfado e escoitemos algunha estrofa dunha coñecida canción.....

“Imagine all the people living for today...imagine there´s no countries, it isn´t hard to do
.....imagine all the people living life in peace”

(Imagina a todo el mundo viviendo el día a día....imagina que no hay países, no es difícil hacerlo
......imagina a todo el mundo viviendo la vida en paz)

Qué bonita letra a desta canción pero ....non vos sona a utopía?

Sigo.....

¿Qué mente perversa ordena atacar un hospital infantil?

Recoñezo que non son de bágoa doada pero chorei cando vin as imaxes dun paiaso que viaxou ata Alepo para estar cos nenos refuxiados e que posteriormente morreu nun ataque. Nenos que amosaban un sorriso vendo un triste e mísero globo. Cántos globos merecedes, criaturas! Vós sodes os auténticos merecedores de tódolos agasallos do mundo.

Intento acougar e rematar o texto dunha maneira menos amarga e así o faría se os reis magos se puidesen achegar esta noitiña por Alepo para deixarvos a maiores e nenos o mellor agasallo : Sustento, teito e paz­.

Gardádeme o segredo pero eu pedireille ao apalpador que saia dos montes galegos e vos leve castañas para calmar as vosas barriguiñas cheas de fame.
Valle, Kenia
Valle, Kenia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES