Onde hai publicidade
Editorial - miércoles, 07 de marzo de 2007
É un clásico aquel aserto de La Codorniz que proclamaba Donde no hay publicidad resplandece la verdad, que viña coincidir cos estertores do tamén clásico O bo pano na arca se vende.
Ámbolos dous asertos pasaron, por clásicos, á historia e hoxe sábese que o bo pano hai que sacalo ó mercado e logo proclamar as súas bondades ós catro ventos.
Entre bromas e veras, algunha institución ven de gastarse cifras millonarias en editar un disco e dvd de Luís Aguilé que proclama que nunca se perde o veraneo en Castellón, e onte mesmo na rede de emisoras de Onda Cero o dúo Gomaespuma proclamaba as bondades das Gijoncard, como o mellor xeito de disfrutar das incontables virtudes da cidade asturiana coas ventaxas de esgrimir as tarxetas xixonesas.
A publicidade imponse. As campañas de difusión de pobos e lugares proliferan en todo o Estado. En Galicia parece que esa asignatura aínda a levamos de xeito renqueante.
Onde hai publicidade, hai vendas e hai rendibilidade. Se temos bo pano o país, a paisaxe, a paisanaxe... digámolo ós catro ventos para vender mellor.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora