Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Co que eu lle quería

lunes, 02 de enero de 2017
Co que eu lle quera Alá marchou o ano 2016. E acaba de subírsenos á chepa o 2017, un novo ano que todos desexamos que veña cargado do típico de sempre. Polo de agora os que tamén se subiron á chepa foron uns cantos impostos e semella que van subir uns cantos xuízos pola corrupción.

Non sei, non sei; non sei se non será unha inocentada que nos están metendo. Seguro que subirán tamén os conflitos bélicos... porque non interesa que diminúan. Volverán subir os incendios... porque tamén interesa que os haxa; por unhas ou outras causas, móvense moitos cartos. Por subir, a algúns, estes días, ata lles subiría o colesterol. Agora durante outras cantas semanas dedicaranse a esprintar por entre as corredoriras da suor.

Alá marchou o ano 2016. Un ano que, a este molgués, lle deu un pau alá polo mes de marzo e que, aínda hoxe, doe de carallo. Como non vai doer, co que eu lle quería, co que representou para min e co que nos unía, co que nos une. Non houbo un maldito día dese ano que non pensara nela. Seguirei pensando nela neste 2017 (porque o farei sempre), pero sabendo que a vida ten que seguir e que ela mesma sería a primeira en dicirme que... adiante!

Así que, benvido 2017, ano no que o teu pipioliño de neto será a táboa de náufrago na que aboiaremos, na que flotaremos todos. Vai por ti, cuñada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES