Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As medallas Castelao

martes, 06 de marzo de 2007
Moncho Borrajo tivo a honradez de manifestalo a toda páxina en “La Región”, de Ourense: “Es un insulto que la Xunta no me haya propuesto nunca para recibir la Medalla Castelao”. Pero ¿cantos máis haberá que aspiran a esta ou outras medallas sen posibilidade de conseguilas?.

Está claro que aquí se teñen colgado medallas a numerosas persoas con menos mérito que Moncho, pero os criterios de adxudicación ou son un misterio ou pecan de diafanidade.

Porque, se vamos a eso, quen en Galicia pode recibir a “Medalla Castelao”. Quen pode prender no seu peito a medalla que leva o nome do exemplo dos bos e xenerosos, que deixou familia, amigos, terra e foi morrer ben modestamente alén do mar?.

Quen pode prender no seu peito e levar coa cabeza moi alta –sen utilizar o nome en vano – a medalla do noso maior patricio.

Claro que, se vamos a iso, quen pode conceder en Galicia unha medalla con este nome, con esta carga afectiva, con esa transcendencia, con esa responsabilidade?.

Seguro que alguen respostará indicando que as urnas lexitiman todo, e quen está lexitimado para gobernar, está autorizado para conceder as distincións que estime pertinentes.

Sempre serán, de tódolos xeitos, concesións do poder. E algunhas cousas, distincións coma esta por exemplo, terían que estar por encima de veleidades políticas e encargarllas a unha comisión independente.

Dunha ou doutra maneira, vese que por agora Moncho Borrajo teno difícil. Co paso do tempo, se segue a traballar na súa fundación en Baños de Molgas, ben pode ser.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES