Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ambiente de Nadal

viernes, 30 de diciembre de 2016
Estes días, a moitos lucenses danos por peregrinar detrás dos coros que cantan panxoliñas polas rúas lucenses nunha campaña de cantos de Nadal que promove a Deputación Provincial, en itinerario que comprende paradas na rúa da Raíña, fondo da Praza Maior e Praza do Campo, nunha especial ambientación do Nadal que entra polos sentidos da vista e do oído.

A verdade é que Lugo está vestido de Nadal, polo alumeado das rúas que este ano funcionou durante todo o mes de decembro, polas árbores tradicionais e polas modernas entre as que se leva a palma a que o Concello instalou diante da Casa Consistorial, polos belenes institucionais e comerciais, polos escaparates.

O concello promove comercio de artesanías na praza de Angel Fernández Gómez, e a Deputación outro quizais aínda máis navideño, con actuación do Mago Rafa, e actividades artísticas para nenos. As dúas prazas están ateigadas, e por Fdez. Gómez case é preciso pasar polo medio do mercado, co que consegue o efecto desexado de conquistar a atención do público.

Para completar o panorama, no que hai concertos e actos de todo tipo, de promoción oficial ou particular, desde o concello soan a cotío panxoliñas para que o que queira ser cego ás luces e ao movemento comercial non poida pechar os oídos ao Nadal sonoro. Outros anos había sempre quen protestaba por esa música navideña que seica invadía determinados espazos íntimos, ignorando se só se trataba de alguén que protestaba por protestar, ou efectivamente a música molestaba. Que xa é ben difícil.

O ambiente físico é plenamente navideño, que seria perfecto se fose expresión de sentimento familiar, solidario e humano, pero o sentido comercial domina calquera outro, o que non é nada malo para revitalizar a actividade económica nestes tempos tan proclives ao consumo… O do espíritu navideño sería perfecto se houbese auténtico clima de Nadal, pero tampouco podemos chamarnos a engaño a estas alturas da vida e do século, sobre os motores que moven o barco no que navegamos e no que os que o gobernan seguen os rumbos que mandan as moedas, os bancos, o comercio… e o noso afán de consumir. Pois case todos contentos. Sexa cal fose o motor, Felices festas e tranquilo aninovo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES