Vixianza pública e publicada
Editorial - lunes, 05 de marzo de 2007
A residencia de Verán de Manuel Fraga, na vila coruñesa de Perbes, tivo nos últimos anos vixianza continua da Garda Civil día e noite, especialmente despois de que un atentado terrorista voara hai anos parte da edificación.
Non ostentando xa a presidencia da Xunta, a ex presidencia ten determinados dereitos e a vixianza séguena a exercer gardas civís dos postos da comarca.
A unión de Gardas Civís de Galicia ven de facer público un comunicado protestando por ter que ocuparse dunha vixianza que entenden debe encargarse a unha empresa privada.
¿Qué pasaría se os encargados de vixiar a vivenda de Aznar de Calvo Sotelo ou de George Bush pai andivesen a contar interioridades dunha vixianza que será práctica na medida que sexa segreda?
A vixianza pode ser pública pero nunca publicada. E menos por parte dos seus responsables. Falar deso en público é unha irresponsabilidade. Esto ou se soluciona a través da cadea do mando ou non se soluciona.
Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora