Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra (1)

miércoles, 28 de diciembre de 2016
Publicado no Anuario Brigantino, nº3.

Introducción
A relixiosidade de cada pobo, como todo fenómeno vivo, ten as súas peculiaridades, xa que posúe a súa maneira de vivir a fe e de proxectala ao exterior. Unha relixiosidade é popular cando se configura con ese pobo Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra (1)e manifesta o seu sentir. Constitue unha parte da cultura, dun xeito de pensar e de vivir.

E popular o que o pobo crea. Tamén o que recibe, asimila e fai propio (1). Polo tanto, a relixión de cada grupo humano é unha especie de colección viva de ritos, vivencias, que un pobo vai reunindo ó longo da súa historia. Ese sentimento e modo de pensar está reflectido nas tradicións e costumes, nos ritos, no folclore, nas festas, etc...

Por outra banda, o fenómeno relixioso popular tenta dar solución ás necesidades non satisfeitas polo sistema relixioso oficial. Polo tanto fronte á linguaxe conceptual do sistema oficial, que é inintelixible para a xente sinxela, a relixiosidade popular tende de cara a outras linguaxes baseadas na sensibilidade e na imaginación (2). Como producto da sensibilidade proxectámonos de cara ao singular, concreto e tanxible, reflectido nas imaxes, símbolos de entidades divinas. Como producto da imaxinación proliferan as narracións e lendas, que son instrumentos de transmisión oral de diversos eventos relixiosos. Estas novas maneiras de percepción do sagrado están máis cercanas ao corazón que ao entendemento. Polo tanto, non resulta estraño que a relixiosidade popular se mostre máis como a manifestación daqueles que sinten e ven, que dos que saben e coñecen.

Por outra banda, a relixiosidade popular presenta un estilo determinado de relacións co sagrado, sendo o pragmatismo un dos seus trazos básicos. Isto é debido a que a vida económica do campesino dependía e segue dependendo, aínda que menos, do azar. Pois ben, esta inseguridade, esta dependencia de factores externos non controlables -treboadas, xeadas, doenzas humanas e do gando- deu lugar a que o ser humano buscase a axuda de entidades sacras. Isto propiciu un mutuo intercambio de favores, reflectido na realización de diferentes rituais e ofrendas a cambio da resolución de diversas alteracións da facenda familiar.

Unha das manifestacións máis importantes deste tipo de relixiosidade encontramola nos santuarios.

I.- O concepto de Santuario
O santuario é un espacio de culto representado por unha ermida, capela Santuario da Virxe dos Milagres de Saavedra (1)ou igrexa parroquial. A él van devotos da propia parroquia, na que se empraza o recinto sacro e, tamén, doutras comunidades máis ou menos lonxanas segundo o grao de influencia que exerza o lugar sacro. "El Santuario es un lugar de culto que atrae romeros en ámbito superior al local" (3). Cando os romeiros non pertencen á parroquia o máis habitual é que veñan o día ou días propios da festividade da entidade sacra, simbolizada por algunha advocación de Cristo; de María; ou dalgún santo-a. “El santuario es un templo en el que se venera la imagen o una reliquia de la Divinidad, de la Virgen o de un santo de especial devoción” (4). Estes adoitan acudir ben dun xeito individual ou colectivo para suplicar á divindade a súa mediación ante unha serie de rogativas de índole material – sandar, obter boas colleitas, rogo polos recen nados… e, algunhas -ás menos- de carácter espiritual; tamén veñen para cumprir coas promesas ofrecidas, logo de que a entidade sacra lles outorgase as peticións requeridas. "Los santuarios son percibidos como espacios sagrados, de los cuales irradia la salud material o espiritual, y a los que se acude de forma individual o colectiva" (5). "...y hace en algunos santuarios, iglesias y ermitas de estos Santos milagreiros, a donde en forma masiva acuden, los días de la fiesta, cientos de romeros y devotos peregrinos con sus ofrendas. Unos para hacer un voto y promesa, que obligue al Santo a conderles el favor que le piden, y otros a cumplir lo que anteriormente prometieron”(6).

NOTAS:
1. ÁLVAREZ GASTÓN, Rosendo: La religión del pueblo. Defensa de sus valores, Madrid: B.A.C., 1976, páx.36.
2. CACHEDA VIGIDE, Eduardo Aurelio: La Religiosidad Popular en Galicia. El Municipio de Arzúa, Santiago: Ed. Deseño, 1991, páx.289.
3. CEBRIÁN FRANCO, Juan José: Santuarios de Galicia (Diócesis de Santiago de Compostela), Santiago, 1982, páx.6.
4. MARIÑO FERRO, Xosé Ramón: Las Romerías / Peregrinaciones y sus símbolos. Vigo: Ed. Xerais, 1987, páx.13.
5. PRAT I CAROS: "Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía", en La Religiosidad Popular, III. Hermandades, Romerías, Santuarios, Anthropos, Barcelona, 1989, páx.227.
6. 7.- DE SAÁ BRAVO, Hipólito: Creencias del Costumbrismo Religioso en Galicia, Pontevedra: Deputación Provincial, 1991, páx.36.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES