Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 28 de diciembre de 2016
Un auténtico despilfarro

Alá van medias festas de Nadal. Un Nadal raro, raro. Quizais por aquilo de que cadrou nunha fin de semana normal. Unhas festas que, penso, cada vez máis xente empeza a cansar delas. Polas enchentes de comidas. Polos compromisos adquiridos e que logo son auga de bacallau. O das paparotas xa é un caso para facer unha auténtica tese doutoral; desde a calidade das mantenzas ata as farturas polas cantidades. Ás veces non sabes a que atender. E se comes moito dunha cousa, esquécete xa da outra. Quen paga despois o pato é o propio anfitrión, que ou come durante toda a semana dos restos ou tira con todas as sobras, que adoitan ser a metade de todo o que se puxo. É dicir, un auténtico despilfarro, tanto en vituallas como en cartos.
Agora, para máis aquel, aínda queda a outra metade das festas: noitevella e ano novo. Ou sexa, máis do mesmo.

Sobrevivín culturalmente

Non é que teña moitas ganas de escribir, pero o jazz de Joe Pass ponme máis ou menos en situación. Hai que dicir unha vez máis que a música é coma o latexo dun vivir en constante movemento. Sen a música non son nada. Sen a lectura non son nada. Sen a escritura non son nada. E sen o cine non son nada. Sobrevivín detrás de tres vacas e un burro porque miraba máis para o libro que para os animais. Así os perdía ás veces e así me mallaba a nai por facer o que non debía. Sobrevivín a viaxes longas no coche porque o casete ou o CD cuspían folk, jazz ou rock and roll por todos os altofalantes. Sobrevivín a tentacións durmiñonas porque a pantalla branca do cine iluminábase con soños reais e imaxinarios. Sobrevivín a aborrecementos porque catro versos e dous parágrafos salvábanme as tardes. Creo que sobrevivín culturalmente.

Asombrado de que se asombren

Asombrado estou de que algúns se asombren do atraso da chegada do AVE a Galicia. Asombroso! A verdade é que ás veces pecamos de ben inocentes, de incautos. E iso que xa tiñamos a experiencia da autoestrada A-52. A ver cando nos decatamos de que somos o cu do mundo!
Asombrado estou de que algúns se asombren da remontada do Real Madrid ante o Deportivo. Asombroso! Veña, home, por todos os santos... que era o Deportivo, que non era o Atlético nin o Barça. Buscade nos arquivos e atoparedes remontadas a darlle cun sacho nos tempos de desconto, pero a ningunhas se lles dá a pompa que se lles dá ás do Real Madrid. Nese mesmo partido o Dépor marcou dous goles (e non é moco de pavo adiantarse ó Madrid no Bernabéu) e non armaron o que argallaron os brancos coa remontada... ese envorcallarse polo chan, que mesmo semellaban... Patético o espectáculo!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania