Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En Lugo, na Praza do Campo

martes, 27 de diciembre de 2016
En Lugo, de repente, descubrimos que a nosa mocidade dedica as noites a algo máis ca ao botellón, e quizás propiciado por este dedica demasiadas enerxías a malutilizar elementos de propiedade pública. E aí están como proba as pintadas perigosas no ruinoso edificio das costas do Parque, as subidas ao tellado na obra do antigo Hospital de San José, os contedores rodantes ás veces con rapaz dentro, e a destrución parcial da estatua de San Vicente no alto da fonte da Praza do Campo.

A estatua de San Vicente sufríu a amputación dun dedo na República, dunha man na democracia, a incorporación de bufandas ou outros elementos de abrigo extraños á súa natureza en todo tipo de festas, ata o seu derribo, xa fose intencionadamente xa ao intentar colocarle calquera prenda de abrigo e que a estatua non termase co peso do intruso.

Sempre houbo accións deste tipo na mocidade, especialmente no antroido, coñecendo feitos como xuntarse un grupo de mozos nas aldeas para levar un carro derriba dunha casa rural e clavar a cabezalla na cheminea. Pero coidabamos que eran feitos esquecidos. E estos son moito máis graves quizais porque o alcohol fai elevar o nivel das agresións ata chegar a cargarse un monumento de dous séculos e medio.

Certamente o bispo Izquierdo non comprendería este mundo, xa que a fonte foi a súa máis visible satisfacción por lograr abastecer de auga a cidade, e saber que o cura de Fruime cantaba o feito dicindo: “Y ya que para los brindis / materia estás ofreciendo,/ a tu salud, Izquierdo, beba Lugo;/ y mientras beba Lugo, Viva Izquierdo”.

Casi non parece tan extraña a agresión a un monumento á auga que a través de fontes abastecía á capital lucense. A fin de contas, o máis probable é que os rapaces –ou rapazas, que en principio non hai que desbotar ningunha posibilidade- consideren a esas horas da noite que hai moitos máis e mellores líquidos na noite lucense que a auga que a fonte aínda segue ofrecendo.

Que non se pensé que minimizo o feito da destrución da fonte. Paréceme unha cafrada, unha agresión innoble, un síntoma miserable do que a conxunción da noite co alcohol e coa mala educación poden chegar a conseguir.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania