Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bancos do intanxible

viernes, 02 de marzo de 2007
Cando falamos de bancos, entendemos que son as entidades relacionadas cos temas económicos, desde o banco emisor dun país ata os privados que como entidades comerciais teñen como fin traficar con diñeiro, mercando e vendendo, investindo e alugando moeda de curso legal.

Estes bancos, á vez que logran un lóxico rendemento económico, fomentan o crecemento económico, propician o comercio e a industria e axudan ó progreso en xeral.

Coa mesma filosofía de fomento aínda que sen fin de lucro xorden outros bancos... De terras, de órganos, de semen... e agora, de tempo.

Pensando que nesta sociedade acelerada na que vivimos o que nos falta sempre é tempo, aparecen estes novos bancos, que van ter en Allariz e Alfoz proxectos pilotos para Galicia liderados polo Servicio Galego de Igualdade.

Como en calquera banco, os que estean sobrados de tempo investirano en determinadas accións de interese xeral, que poderán “cobrar” como contrapartida en outras actividades que sexan do seu interese.

Non se xoga con diñeiro senón con disposición, con actividade, con prestación de servicios... E o banco de tempo será o encargado de canalizar esa prestación e buscarlle rendemento persoal e social.

Bancos do intanxible que poden chegar a ser tan importantes coma os Bancos de diñeiro. E deben chegar a selo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES