Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Entrar aos Vilares' sae dos Vilares

martes, 27 de diciembre de 2016
O documental producido pola Asociación Sociocultural Lareira de soños e dirixido por Cibrán Tenreiro, ENTRAR AOS VILARES, após da súa pre estrea na igrexa parroquial, e a súa proxección nunha sala de arte 'Entrar aos Vilares' sae dos Vilares coruñesa, comenza unha longa saída alén de Montouto, o Requeixo e Porto Cancela. Comprometidas xa as estreas en Vilalba, Betanzos, Lugo, A Coruña e Lalín, pendentes de fixar datas no IES Díaz Castro de Guitiriz, Begonte, A Mariña, Costa da Morte, Ferrol e Compostela, pendente da selección de filmes en festivais como o Play Doc de Tui ou no de cimema etnográfico do Museo do Pobo Galego, e mesmo proxeccións en Euskadi e Asturies, o calendario do filme vilarego énchese cada semana no que suporá unha numerosa listaxe de visionado no 2017 que chega. Lugares do rural como Palio (Lalín) ou Begonte, vilas como Betanzos, Foz ou Vilalba, cidades como Ferrol, Santiago e A Coruña, centros sociais e fundacions como a Luís Seoane e Eduardo Pondal, salas de festivais e xornadas de cinema, entrarán nos Vilares, que sae a proxectarse fóra. E si a estas proxeccións, sumamos a edición en DVD do filme conxuntamente co libro de Pastora Veres que verá a luz o vindeiro ano, estaremos probablemente diante dun dos documentais que máis se verán o próximo ano, algo que en palabras do seu director era o pretendido, xa que está concebido para que interese a máis xente que aos veciños dos Vilares. "Entrar aos Vilares" sae dos Vilares co que supón, despois do seu coñecemento a través da figura de Díaz Castro, a máis interesante promoción e coñecemento dunha pequena parroquia do rural chairego. "Entrar aos Vilares" sae dos Vilares para que toda a xente poda entrar aos Vilares...
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES