Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Valdi, Universo de luz

viernes, 23 de diciembre de 2016
O ensoño agromou na realidade
dun Montecubeiro castroverdiano
e deitou a fonte de chafariz limpo,
a que activa a imposibilidade das quimeras
cando a creación xorde da capa freática da verdade,
da proxección acaroada de agarimo
e a materia vaise esperanzando,
collendo formas do autodidactismo emulxente
expandido como a creación do Universo.

VALDI, UNIVERSO DE LUZ,
na inconcreción da materia.
Valdi, da memoria
e na memoria de toda a historia
negada pola negación interesada.

VALDI, UNIVERSO DE LUZ,
na inconcreción da materia.
Obreiro de lúa chea.
Camioneiro, torneiro, pulidor e pintor arrepentido,
resistindo os embates de futuro,
mais es atleta que percorres
polos Soños do Paseo en ás de concordia.
Aí estás, sumíndote entre a néboa plos socalcos do Madalena.
Aí estás, priscilianista xermolando ollos polo manancial de Irimia,
vendo como ve a transparencia da auga, solermiña,
acaroando e lambendo a creación
que te crea e te penetra.

Valdi, creador!. Sempre Valdi!
VALDI, UNIVERSO DE LUZ
na inconcreción da materia.
O solimán das túas obras
vértese en nós
e entramos no veleno que nos dás,
no transporte ao trasmundo da realidade.
Luz creadora do artificio.
Iluminador de utopías.
Todopoderodo escultor e esculcador de verdades
escondidas na materia inconclusa.
Vertebrador no devagar devalando
da hermenéutica da vida.

(Valdi, creador!. Sempre Valdi!
VALDI UNIVERSO DE LUZ
na inconcreción da materia)

(Leido polo seu autor en Vilalba, o 17-12-2016 no decurso do nomeamento de Valdi - Xosé Val Díaz- como CHAIREGO DE HONRA).
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES