Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xente necesaria, os xustos de Borges

viernes, 23 de diciembre de 2016
En cada verso do poema 'Os xustos' de Borges, colle xente necesaria. Non só "o home que cultiva un xardín…". Tamén os deportistas que competiron en Río. Os países de sempre copan o medalleiro pero, máis aló das medallas, o importante é a tregua olímpica e festiva.

Xusto é "quen agradece que na terra haxa música" a pesar de gobernos que a expulsan das aulas ou dos mercadores de Bruselas que tentaron acabar cun dos símbolos culturais da UE, a Xove Orquestra, e borrar 26 anos de harmonía cultural e excelencia musical. Ou entregan como Paloma Pinto as vacacións para ensinar música a rapaces de Costa Rica.

"O que descobre con pracer unha etimoloxía" ou eses dous traballadores que xogan ao xadrez nun café, son necesarios. Como necesario é que no país do Brexit xenófobo e insolidario, o fillo dun condutor de bus Sadiq Khan sexa o novo alcalde de Londres.

Ese "ceramista que premedita unha cor e unha forma" agora sería un emprendedor, o novo heroe do credo neoliberal. Un tipógrafo, agora un experto informático, unha doutora nun hospital público recorda que España leva 25 anos á cabeza da doazón de órganos grazas á eficencia do mellor sistema sanitario do mundo, ameazado pola cobiza do negocio privado.

"Unha muller e un home que len tercetos..." son a mostra de que hai vida máis aló do bandullo. Hai poesía, arte, filosofía para vivir. Hai xente que constrúe un mundo mellor como eses científicos granadinos que veñen de descubrir unha nova forma de bloquear o virus da sida.
"O que acariña un animal dormido" ou eses dous lugueses necesarios de 'La sonrisa nómada', Diego Segade e Iván Doel, a piques de chegar a Ulan Bator para donar unha ambulancia con medicinas e material sanitario.

Máis xustos no poema de Borges: “os que xustifican o mal que lles fixeron", Mandela, José Mújica: décadas nas cadeas da ditadura. Saíron con alma limpa de rencor para facer a mellor política para o pobo, para a familia humana.

"O que agradece que na terra haxa Stevenson", xente que cultiva a intelixencia, alumnos e profesores que colocaron a España no posto 11 do mundo cos mellores sistemas universitarios según o QS Higher Education System.

Penúltimo verso. "O que prefire que outros teñan razón" onde non podemos colocar aos nosos líderes políticos, de limitada estatura de estadistas, máis pendentes do embigo que do ben común.

"Esas persoas, que se ignoran, están a salvar o mundo". O alcalde musulmán de Londres, os deportistas limpos, con medalla o sen ella. Sophia Corradi, mamma Erasmus, hada madriña de 3,5 millóns de alumnos de intercambio europeo. Pablo Artal, físico e catedrático, que beca co seu premio a dez alumnos. Investigadores máis valiosos que os ídolos do fútbol. Tantas, tantos, uns poucos exemplos no poema 'Os xustos' de Borges.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES