Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fai o que eu che digo...

jueves, 01 de marzo de 2007
Non fagas o que eu fago, continuaba o consello. Era a mensaxe, directa ou subliminal, que en tempos non moi lonxanos se deixaba escoitar ou entender por parte dalgúns elementos dun clero distante do pobo que imperou nestes país durante moito tempo.

Era un tanto farisaica a indicación, tendo en conta que o exemplo parece ser a mellor maneira de catequizar, ensinar ou informar.

Ninguén na actualidade ousaría utilizar esta máxima, porque afortunadamente estamos nun tempo no que na sociedade convivimos pacíficamente crentes e non crentes, practicantes e non practicantes, cristianos e non cristianos, de xeito que formamos un conxunto que nunca será homoxénero pero sí harmónico. E nos centros educativos impártese formación na relixión cristiá para quen a desexa e outras formacións para quen non desexa a instrucción relixiosa.

O que empeza a non parecer lóxico é que a formación relixiosa esté monopolizada pola Igrexa en exclusiva, e poidan darse situacións nas que un determinado profesor sexa excluido porque a súa vida persoal non coincida cos cánones da costumbre católica. Ou sexa, que pode moi ben ensinar ben aínda que non leve á práctica eso que ensina.

Son problemas personais moi respectables, que compre solucionar con diálogo, pensando que o tema non é exclusivo da xerarquía relixiosa senón que teñen que ter algo que dicir os centros, as autoridades educativas, os pais de alumnos, e os mesmos alumnos a unha certa idade.

A vida privada entra nun ámbito tan estricto e arredado que, a menos que se produza escándalo público, é moi dubidoso que se poida dicir nada a quen –formador en temas relacionados coa relixión - non faga alarde público do cumprimento do dogma, do canon ou do acostumbrado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES