Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

ADEGA, Arousán do ano

miércoles, 28 de febrero de 2007
ADEGA, Arousn do ano Primavera na Ría: ADEGA Arousan do ano

O pasado sábado 24 de febreiro, O Diario de Arousa distinguiu a ADEGA con este premio que a nosa asociación partillou xunto con outros 12 arousáns do ano.

O motivo polo que este xornal nos concedeu o galardón, está na nosa traxectoria de defensa do ambiente. En particular destacan as actuacións de ADEGA neste verao, na luita contra os incendios, na crise do Umia por causa da explosión na Brenntag, e nos traballos nas Sinas có voluntariado en defensa do monte galego.

Con este motivo os Lugueses de ADEGA acercámonos até a comarca Arousá. Recibimos o premio, que muito agradecemos, máis tamén aproveitamos para facer convivio cós monitores e voluntarios de ADEGA, que están nas Sinas instalados, aprendendo das suas técnicas na recuperación do monte queimado.

Desde o alto dos montes de Bamio, negro pardo e branco das pedras nas Pedregueiras, o azul da ría, alá embaixo quere dar un sosego á natureza destruída. A Ría sabe que depende do monte para a súa vida.

Agora esta simbiose do monte co mar está interrompida, por iso é tan urxente trabar as augas das enxurradas para que non se leven con elas a pouca terra que fica enriba das pedras e cubran de lameiros negros os bancos marisqueiros.

Nesta primavera que xa agroma, a terra negra do monte representa un contraste có verde que quere inzar, no medio dos cañotos queimados e pintando o pardo das faiscas dos piñeiros. As hidrosementeiras demónstranse eficaces no seu labor de facer que as ervas medren e amparen o pouco solo que fica. Os voluntarios traballan en colaboración cós comuneiros do monte de Bamio. Outras comunidades de montes da zona tamén se prestaron a colaborar có dispositivo do “Voluntariado en defensa do monte galego” (ADEGA, Dir. Xeral de Xuventude, Xunta de Galiza).

O antroido foise e abriu a porta á Primavera. O pacto da terra coa vida volta un ano máis a dar cumprimento de fidelidade.

Agora que xa sabemos, oficialmente, que a mudanza no clima é un proceso irreversible e que está causado, no seu 90% pola acción da humanidade. O novo ano chino (a nosa primavera) incorpora un ar de pesar, polo recoñecemento das nosas responsabilidades. É un sentimento que lembra o da nostalxia de sabermos na edade adulta. Temos a capacidade de destruir ou de reconstruir, e tamén de encamiñar os nosos pasos por un ou outro carreiro.

En medio deste cambio ambiental xa imparable, a natureza píntase de verde novo nas flores dos ramos dos salgueiros que medran nas beiras dos ríos e regatos polo País adiante.

Os salgueiros son os fachicos da primavera. Dan a entrada ás outras plantas para que agromen e florezan. E han florecer malia a mudanza ambiental; a pesar da grande pegada ecolóxica que non somos capaces de reducir, aínda que non definimos por agora, zonas refuxio para os barcos que se achegan a nós con averías; que continuamos a incinerar os nosos refugallos; malia non termos unha rede ferroviaria galega de cercanías, de aprobar máis unha minicentral no Verdugo, ou de tentar facer en Lugo unha ponte que vai destruir un parque-carballeira nas beiras do Miño.
Aínda a pesar de todo iso, a primavera vai entrar. E pintará de cores a natureza aliviando os nosos pesadelos ambientais.
Figueroa Panisse, Adela
Figueroa Panisse, Adela


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES