Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vivir en Galicia que bonito é

miércoles, 28 de febrero de 2007
Velaquí unha canción válida para calquera acontecemento festeiro: patrón, festa dos vellos, excursión colexial, xantar amistoso. Non chega ós niveis patrióticos do “Asturias, patria querida” dos nosos veciños, pero une nunha canción común tódalas expresións de unión, lecer e exaltación da terra.
Pasando á realidade, o vivir non é tan doado, empezando pola pura ubicación física da residencia.

A Consellería da Vivenda toma cartas no asunto, e se ben se contempla polo Ministerio da Vivenda a construcción de 10.000 minipisos para universitarios de 30 a 45 metros cadrados, en Galicia por norma a vivenda libre e protexida non poderá ser como agora de a partir de vinteseis metros cadrados senón que deberá ter un mínimo de entre corenta e corenta e cinco metros.
Ata agora chamábaselle “Estudios” e vendéronse a miles por toda Galicia como fórmula máis asequible para comezar a ter vivenda propia.

A estes novos pisos de arredor de corenta e cinco metros cadrados, cando sexan de protección autonómica, asígnaselles un precio de entre 72.077 e 93.250€. De doce a quince millóns e medio das antigas pesetas.

Son cifras elevadas para esa medida, pero moi distantes dos precios reais que se manexan no irreal mundo real da vivenda en Galicia. Veremos se despois de tomar medidas coa superficie das vivendas alguén ousa racionalizar o mercado da vivenda neste país.

Ou sexa: que vivir en Galicia sí é bonito. Só falla que sexa en lugar axeitado e moito máis barato.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES