Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 21 de diciembre de 2016
Se mantivera a boca pechada

Non hai antimadridismo que valla… á hora da verdade non me importa confesar a admiración por algún que outro xogador merengue. Non sei, actualmente, Ramos, Modric, Benzemá e Ronaldo. Por certo, prefiro antes a Benzemá e a Modric que a Ronaldo. A este véxoo máis ben como a un portento físico, como a un atleta, e punto. É bo, si, pero mátano as súas declaracións, incluso os seus xestos. Fixádevos nel cando os compañeiros meten algún gol (como corre para abrazalos, como chouta de alegría; é un dicir, claro). Aquela declaración de que lle temos envexa porque é bo e guapo. E rico, faltaría máis! Agora seica o atacan por iso da evasión fiscal, que segundo el “hai moitos inocentes no cárcere”. Que desa maneira se sente. Xa quixera eu sentirme do mesmo xeito! Sei seguro que lle quererían máis se ás veces mantivera a boca pechada.


Como cambian os tempos!

Como cambian os tempos! Antigamente, con dezaséis ou dezaoito anos non saiamos "de cans" nin a tiros. E se por un casual os pais te deixaban saír (no meu caso, a miña nai, que era a que realmente mandaba), tan axiña como acabase a película, para a casa correndiño. E pobre de min se chegaba máis tarde! Agora ás doce da noite é cando saen. Manda truco en Baños de Molgas! O regreso, a volta xa nin quero dicilo. De escándalo! E coidadiño con negarlle ós rapaces a saída... pode haber os seus maís e os seus menos, as súas cousas; ata poden coller un "mosqueo de aúpa". Como cambian os tempos! Antigamente é que nin se che pasaba pola cabeza dicirlle os pais que te levasen a tal sitio. Polo que non quedaba outra que ir da casa ó bar, e menos mal! Agora telos que levar e telos que ir buscar a esa hora que ata dá vergonza dicir. Molgués que escribes, quen te viu e quen te ve!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania