Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alepo e videoarbitraxe

lunes, 19 de diciembre de 2016
Alepo. Ata creo que é unha fermosa palabra. Pero semella que non a coñece moita xente. Polo menos, por ela, non asoman os crespóns negros nas redes sociais. E logo por que tiñan que asomar? Por nada. Que máis dá! Non pertence a este mundo civilizado. Nada menos que a Siria! Ui, Deus, alá son todos musulmáns! Non son xente, son musulmáns, que che cambia moito o conto. Alá as bombas non estouran, nin rebentan ós nenos, nin violan ás mulleres. Co bonito que é mirar para outro lado. Por exemplo, eu que sei, para o oeste, para o océano Atlántico. Ou para calquera outro país onde si nos doan as mortes, onde gardemos minutos de silencio ou soltemos pombas ó vento. Alepo. Onde estará iso?

Vídeoarbitraxe. Tan fermosa como a outra? Non creo. Polo menos para os equipos grandes. Xa empezan a protestar. Coa escusa dalgún fallo, de algún erro no programa… para que queren o vídeo? Dáme na espiña que os equipos grandes non o queren. Normal; sempre foron ós que máis axudaron coas arbitraxes. A ver!, ós poderosos sempre se lles axudou en todo. Non vaia ser que se incomoden. Eu case son partidario do vídeo. Creo que é a única defensa que teñen os equipos modestos ante as dúbidas ou ante aqueles carros que cargan dianteiro. Démoslle tempo ó tempo, a ver se conseguimos igualar ben o carro. É certo, dubídocho ben, pero…
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania