Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poesía colgada das farolas

sábado, 17 de diciembre de 2016
Outra edición máis a NPG Nova Poesía Guitirica, volverá a comenzar o ano con poesía a pé de rúa en Guitiriz.

A segunda edición de POESÍA COLGADA DAS FAROLAS, contará con novidades con respecto ao 2016 co animo de mellorar esta proposta de convertir a vila guitiricense nun libro de poemas ao pé da rúa.

As novidades consistirán en que este ano a tematica dos poemas será común e consistirá en poemas contra a violencia de xénero.

Asimesmo os poemas irán de puño e letra de cada poeta insertados nun formato común e identificados co logo da NPG.Poesía colgada das farolas

Iniciamos tamén unha colaboración especial, que cada ano corresponderá ao gañador/do Premio de poesía Díaz Castro, neste ano Raúl Gómez Pato que aportará a súa particular creación.

Incluiremos tamén o poema de Diaz Castro "Oración polos tolos", que tanto gustaba a Manuel María e que pretendia que se incluira nunha das edicións de Nimbos como homenaxe ao noso poeta e ao propio Manuel María no seu ano que remata.Poesía colgada das farolas

Ademáis das farolas a pé de rúa, os poemas serán publicados no grupo de facebook da NPG Nova Poesía Guitirica e no facebook e twitter de Os Vilares, lareira de soños para dar difusión á iniciativa nas redes sociais.

As farolas de Guitiriz convertiranse en páxinas poéticas na fin de semaa dos dias 7 e 8 de xaneiro de 2017 no que aproveiraremos para facer o xantar de confraternidade d@s poetas da NPG Nova Poesía Guitirica.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES