Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que suba o pan e baixe o petróleo¡

martes, 27 de febrero de 2007
Os países produtores de petróleo teñen garantido un consumo masivo durante unhas décadas, en tanto os estados se mentalizan da necesidade de diversificar consumos, aforrar enerxía e acometer con decisión unha operación de futuro.

En tanto, é o momento de que as nacións que non posúen petróleo poñan en valor os seus recursos, sexan aire, auga, sol ou calquera outra potencia que desenvolva a imprescindible enerxía que precisamos para a vida.

Como aquel xacemento burgalés de hai catro décadas non se consolidou, é sabido que neste país –e nos do contorno- hai que buscar con intención de futuro novas fontes de enerxía.

O motor de auga non se consolida pero si os combustibles que teñen por base cultivos vexetais. E dun tempo a esta parte é o biodiésel o rei dos proxectos, obtendo combustible en base a trigo e a cebada, que apunta moi boas maneiras de cara a que –no futuro- sexamos unha auténtica potencia enerxética.

Pero os problemas non nos van deixar, porque a utilización de cereais encaréceos no comercio, de xeito que xa os panadeiros andan preocupados pola alza continua nos prezos, que rematará obrigando a subir o pan.

Nunca chove a gusto de todos. Pero polo menos todo o que consumamos producirase na casa sen ter que pagalo en divisas.

Subirá o pan e baixará o petróleo. Pero iso xa será outra historia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES