19 destacad@s Vilareg@s de 2016
Os Vilares, Lareira de Soños - jueves, 15 de diciembre de 2016
A parroquia dos Vilares recoñece novamente aos vilaregos de honra deste ano a piques de rematar, como cada ano desde o 2014, data de existencia do proxecto OS VILARES, LAREIRA DE SOÑOS.
Distinguimos a persoas e entidades cada ano, nos distintos ámbitos, social, cultural, empresarial, identitario...todos igualmente meritorios e necesarios e nalgún dos casos tamén reivindicativo.
As entidades e persoas recoñecidas son este ano as seguintes
1. Xunto a Asunción Lobeiras Diaz, dos Ares, á que adicamos o PREMIO TRAPEIRA DE HONRA 2017, os outros 18 nomes de persoeiros, colectivos e iniciativas son:
2. Entre os monumentos, A MAMOA DAS CARRICEIRAS descuberta por Luís de Fabete no presente ano.
3. Nas Reixas, como reclamo para a súa reparación e posta en valor" a Escola Habanera da Conchada" para uso social e cultural parroquial.
4. Entre os nomes destacados atópase a xornalista da TVG Maite Teijido como "valedora dos Vilares a nivel social" e que leu o pregón deste ano na Romaría Labrega da Chaira.
5. Recoñecemos tamén a Nicolás de Camuza, vilarego residente na Arxentina que con mais de 80 anos preside aínda unha sociedade naquel país e sigue coa parroquia no seu corazón e memoria.
6. Igualmente no eido cultural consideramos que a mellor organización dun evento foi desenvolta pola NPG nas homenaxes a Diaz Castro e Manuel María ademáis dos Poemas pendurados das farolas.
7. No apartado do coñecemento, destaca Raúl Río, navalla de Manuel María deste ano coñecedor e valedor do territorio e historia dos Vilares.
8. Mentres, no apartado de personaxe destacada da historia vilarega este ano recoñecemos a Antonio Castro, quen introduciu a luz electrica nos Vilares.
9. O recoñecemento á mellor iniciativa cultural recae na restauración dos frescos da Igrexa dos Vilares pola Deputación Provincial de Lugo, tal e como anunciou á nosa asociación.
10. No apartado do mellor artigo sobre a parroquia, o da mexicana Shaday Larios no blog LA MÁQUINA DE LA SOLEDAD, sobre a iniciativa de "cartas aos nosos maiores".
11. No eido do deporte destacamos a Antonio Teijido, gañador e record abasoluto das "24 horas de Vigo" e neto de vilaregos.
12. Lugar emblemático do ano, a casa de Díaz Castro no Vilariño en apoio á sua recuperación para uso público cultural.
13. Pola súa banda, como mellor asociación ou entidade, distinguimos este ano á Cea das Mulleres dos Vilares por levar varios anos contribuindo á xuntanza de ducias de mulleres vilaregas e nun encontro anual exemplar.
14. Mellor acción musical, o Romance de Pedro Trapeiro de Marica Campo. musicado por Fuxan Os Ventos para o documental dos Vilares e o seu próximo disco.
15. Mellor iniciativa emprendedora, a reforma e reapertura da Casa Guinea nas Reixas.
16. Mozo ou moza destacados Alex Iglesias pola sua medalla no campionato galego de boxing.
17. Persoa de fóra da parroquia destacada no apoio e defensa e estudo da mesma, Segundo Pérez, deán da catedral de Compostela.
18. Mellor publicación, o libro Poemas MÁSCARAS DE ESPELLOS, galador do I premio Diaz Castro de poesía de Raúl Gómez Pato.
19. E mención especial ao documental ENTRAR AOS VILARES e aos seus realizadores pola contribución ao coñecemento da parroquia polos distintos lugares e foros relacionados co audiovisual. Cibrán Tenreiro, Toni González e Xacobe González, os seus responsables que nos agasallaron co seu traballo.

Os Vilares, Lareira de Soños
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora