Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do camiño: ¡Silencio, por favor!

lunes, 26 de febrero de 2007
Reclamo silencio en homenaxe á galega Idoia, muller soldado, primeira vítima mortal nunha misión de paz. Falouse demasiado. ¡Palabras, palabras, palabras! Xa cheiran. Cando mandan os sentimentos, os afectos, o amor...¡a palabra enreda! Mesmo molesta, aumenta a dor e tórnase cínica se vén enleada en inconfesables intereses políticos. Algo que estivo, escandalosamente presente, durante estes tres días de amargura e dor nas tranquilas e sereas terras de Friol e mesmo de todo o País Galego.

¡Que mágoa!.Non estamos afeitos a saber acompañar ás persoas esmagadas pola dor e o sufrimento A nosa xente sinxela da aldea sabe facelo mellor. E sen barullo e presunción. Quizás, por vivir en soidades e ausencias por mor da emigración, causa de moitas das nosas bágoas. Pido respecto, dignidade humana e comprensión coa familia. Compañía agarimosa e silenciosa é o que fai falla. O que tan axeitadamente souberon pedir (e mesmo suplicar) desde o primeiro día a nai de Idoia, Consuelo (¡qué paradoxos da vida!) e mesmo os seus veciños (¡xente humilde e calada!) ao se atoparen coa barafunda dos medios e dos políticos que semellaba buscaban máis carnaza. ¡De vergoña!

Coa oración pola familia (especialmente por seus pais) para que sigan a manter a valentía, fortaleza e serenidade que amosaron nestes tres días difíciles...vaia a nosa invitación a reflexionar sobre estes acontecementos que ninguén quere nin desexa. O Primeiro que non quere a dor, o sufrimento e a morte, é o Mesmo Deus, que é Deus da Vida, do Amor. O Deus que sofre/chora polos que, coma El, son tamén vítimas dos pecados e das aberracións humanas.

Agora que encetamos a Coresma (tempo forte de revisión e de conversión) debemos facernos algunhas preguntas. Non a Deus (¡que xa nos deu sobradas respostas, que imos lembrar na próxima Semana Santa!) senón a nosoutros mesmos, aos irmáns e sobre todo aos dirixentes (civís/relixiosos) que son (somos) quen creamos os actuais calvarios coas nosas soberbias, egoísmos, mentiras e cobizas de poder, diñeiro e opresión. Os crimes, os feitos e as inxustizas non son cousas do "destino" ou suceden "por casualidade”

Hai unhas causas. A maior delas, a emigración, que rareou as nosas aldeas e facilitou a fuxida de milleiros de galegos/as a lugares foráneos e profesións na procura dunha vida distinta. Tamén Idoia foi vítima, dalgún xeito, moderno e actual, desas mesma circunstancias. Pregunto, aínda máis: Se non houbera guerras (Iraq, Afganistán) ¿farían falla misións de paz!? ¿Por qué, dos 76.401 militares das FF. AA. (terra/mar/aire), 13.424 (ou sexa, o 17,59 %), son mulleres!? ¿Por qué ese aumento nestes últimos anos!? Non hai efectos (aínda que lles chamen colaterais) sen unhas causas concretas e determinantes.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania