Medicina contra a droga
Xiz, Xulio - domingo, 17 de junio de 2001
No porto de Vigo está atracado o buque Tammsaare que en xullo de 1999 foi aprehendido con dez toneladas de cocaína o maior alixo de drogas de Europa e requisado ós seus propietarios.
-Calcúlase que neste buque se moveu o 40% da droga que desde Colombia viña a Europa vía España.
-Desde entón, o buque ten cambiado de nacionalidade (agora é español), de nome (agora chámase Costa de Galicia) e agárdase que de función, pretendendo que pase a ser un centro de axuda ós toxicómanos para a súa rehabilitación.
-Agora, o buque está sendo remozado para supera-los danos que o tempo e o paro forzoso lle inflixiron, e nesta iniciativa está empeñada a Fundación Costa de Galicia que conta coa colaboración da Consellería de Familia e de varias empresas do sector naval.
-Esa é a tendencia en relación cos bens requisados ós narcotraficantes: que os danos que a droga provocou poidan ser alomenos paliados con parte dos beneficios que o tráfico da droga producíu. Parece xusto.
-Contra a droga, a mellor medicina xa se sabe é a prevención. Pero cando o problema xa apareceu, as solucións han de ser médicas e psicolóxicas. E contra os narcotraficantes a medicina radica en utilizar o único idioma que dominan: o dos bens, dos cartos; das ganancias ilícitas que a morte - A droga é morte produce.
-E se a priori esta medicina non pode utilizarse, alomenos que poida ser utilizada despois da comisión do delito para intentar resarcir sempre minimamente- ós afectados polo gravísimo problema.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora