No corazón está a solución
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 15 de diciembre de 2016
Tódolos humanos tempos dous corazóns: un que dá vida ó corpo e outro que aporta enerxía á nosa vida emocional e á nosa espiritualidade.
Nun mundo tan acelerado no que -uns máis e outros menos-; pero todos nos sentimos bombardeados polo consumismo, polo materialismo, polo que dirán e polos nosos prexuizos en xeral
Con necesidade ou sen ela, levamos unha vida estresante na maioría dos casos.
Moitas veces abandoamos os coidados dun órgano tan vital como é o órgano que bombea día e noite o sangue da vida, durante toda a nosa existencia.
Pero aínda temos máis abandoado se cabe- o noso corazón emocional, o noso corazón espiritual, a nosa conciencia a nosa alma
Ese punto no máis íntimo do noso ser interno onde reside o máis sagrado que temos: O LUGAR DAS CONSULTAS, O NOSO GUÍA ESPIRITUAL, O NOSO ORIENTADOR, A NOSA ESENCIA
Xulgando polo que se ve, paréceme que en moitas ocasións deixámonos levar polo que dirán, antes que pola nosa conciencia.
XA NOS GUSTARÍA SER NÓS MESMOS Á HORA DE ACTUAR, PERO
APARECEN PEROS.
APARECEN PEROS POR TODAS PARTES
-GUSTARÍANOS SER UNHA PERSOA Á NOSA MANEIRA; pero non quedaría ben diante da sociedade.
Daquela
déixome levar e fago como todos:
¿A dónde vas Vicente?
A onde vai a xente.
¿Qué nos dirían a nosa razón e o noso corazón se os consultáramos?
-GUSTARÍAME QUE OS MEUS DESCENDENTES CONSERVARAN AS TRADICIÓNS DA FAMILIA; pero como non están de moda
déixome lavar e que fagan como todos.
¡Hai que modernizarse!
E da noite para a maña, ráchase con todo.
¿Aconsellaríanos eso o noso corazonciño se o consultáramos?
-GUSTARÍAME QUE A XUVENTUDE DA MIÑA CASA NON ANDARA POR AÍ ATA ALTAS HORAS DA MADRUGADA; pero como todos andan
os meus non van ser dferentes.
Pois a razón dinos que non sempre ten a razón a maioría.
E o noso corazón estaría máis feliz se o deixáramos actuar en conciencia.
Porque os entendidos din que cantos máis cartos se lle dean e canto máis tarde volva a xuventude para casa, máis perigos ten.
-GUSTARÍAME QUE OS MEUS NENOS CELEBRARAN O CUMPREANOS NA INTIMIDADE; pero como todos o celebran fóra
¡Eu non vou ser menos!
Terei que traballar algo máis, pero
Pero
¿Non estarei preparando o camiño para o botellón?
¿Non sufrirá as consecuencia o meu corazón se me chega a noticia de que o meu fillo/a morreu por sobredose etílica?
Non sería o primeiro caso
-XA FAI CINCO MESES QUE FALECEU MEU PAI/NAI E A MIN XA ME GUSTARÍA IR COS MEUS AMIGOS A DAR UNHA VOLTA OU Á FESTA DO PATRÓN Á SÚA CASA; pero
¡Que dirán de min!
Pensarán que non gardo loito por meu pai/nai
Teño que agardar a que pase un aniño polo menos.
E despois do ano, ó día seguinte: ¡Xa son libre!
¿Qué relación gardan estes costumes co cariño que lle temos ós que se van diante de nós?
¿POR QUÉ NON SOMOS NÓS MESMOS?
¿POR QUÉ NON DEIXAMOS OBRAR O QUE O NOSO CORAZÓN NOS DIGA?
-POLO MEU GUSTO, VELARÍA ÓS MEUS SERES QUERIDOS NA CASA; pero como hai quen só vai ós velorios por ve-lo que teño e logo facer comentarios e criticarme
Opto pola funeraria aínda que a veces pareza aquelo unha feira.
TODOS FAN ASÍ
E DAQUELA, EU TAMÉN.
-GUSTARÍAME FUNDAR UNHA FAMILIA CON ESTABILIDADE E FIDELIDADE PARA TODA A VIDA como se veu facendo até o de agora.
Para eso tería que esperar un tempo a coñecer ben á persoa coa que quero comparti-la miña vida; pero
Hoxe en día non está mal visto, probar e se non me vai ben
¡Coa música a outra parte!
Andado o tempo o corazón faise trizas.
¡Unha mágoa!
¿Qué tipo de sociedade estamos formando?
¿Qué pensarán de nós o que veñen detrás?
-PREFERIRÍA QUE O MEU FILLO/A REMATARA OS ESTUDIOS ANTES DE POÑERLLE UN COCHE NAS SÚAS MANS; pero todos o teñen e daquela:
¡Cómprolle o melloriño para que presuma!
¡Que presuma de seu pai e de súa nai!
Situacións así e outras moitas danse na nosa sociedade con certa frecuencia porque nos deixamos levar por razón externas a nós.
Deberíamos consultar con noso corazón para ver se o que facemos é verdadeiramente o que nos convén para ter mellor calidade de vida.
O SERES HUMANOS SOMOS SERES RACIONAIS, PERO A VECES DÁ A IMPRESIÓN DE QUE ACTUAMOS COMO SE FORAMOS DESCEREBRADOS.
Temos moitos comportamentos que teñen moi pouco de humano.
E DESPOIS QUEIXÁMOSNOS
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora