Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Da Marola a Filipinas

miércoles, 14 de diciembre de 2016
Cando Curros escribiu aquela preciosa arenga aos loitadores na guerra do 98, aos heroes ou ás vítimas do gran desastre nacional, posicionouse con claridade contra os ianquis e a favor dun certo nacionalismo español. A emoción daquel poema sempre me acompañou nunha doce memoria:

“Do norteamericano
Chega a España occidental
De ignonimias de aldraxes
Unha negra tempestá,
E das ondas que desprende
E a Galicia van parar
Cuspos flotan de desprecio
Para vós e vosa nai”.

O poema segue acendendo motores cara ao inimigo ianqui ata acabar dicíndolle aos “mariñeiros da Marola, de Illas Cíes e do Orzán”:

“Unha lancha de centolas
Vintecincopesos val
Un cargamento de iankis
Valvos a inmortalidá”.

Quizais foi un arrebato de nacionalismo español o que deu lugar a este poema e, por outra parte, tamén hai que lembrar que o feito histórico provocou o xurdir dunha xeración literaria que profesa o mesmo nacionalismo. O que eu me pregunto é porqué a historia oculta as verdades que a intrahistoria acaba rescatando. Realmente, este fervor patriótico foi unha fuxida que deixou atrás a un grupo de homes que quedaron illados nun forte no que tiveron que resistir preto de un ano antes de escapar cara ao mar. Foron os últimos de Filipinas sitiados en Baler e baixo o mando de Enrique de las Morenas y Fossi resistiron pasando toda clase de adversidades ata enfermar algúns deles gravemente.

É curioso como é a intrahistoria a que fai a historia mentres se ocultan os verdadeiros heroes fronte aos grandes nomes a miúdo disfrazados de líderes.

Moitos deron a vida e mataron por un patriotismo sectario que so beneficiou a un poder que entregou todo a cambio de nada cando puido establecer, como contrapartida ao entregado, o rescate daqueles homes.

A conclusión á que se chega vendo a película é que cando o poder non é do pobo, o pobo sofre o poder. Isto, por desgracia, é unha constante da historia que a democracia debería tender a corrixir. En cambio, a historia segue alimentándose de egos que queren apoderarse de feitos construídos colectivamente. Por iso, os últimos de Filipinas, como aquelas mulleres que loitaron polo sufraxio, como os homes e as mulleres que se botaron ao monte pola liberdade, como todos os que construíron dende a clandestinidade seguirán sendo intrahistoria fronte a aqueles nomes que, sen mancharse, dirixiron os temóns políticos do país. A pesar de todo, algún día terá que agromar esta intrahistoria como un berro firme, intenso e extenso de liberdade que ninguén poderá silenciar.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES