Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 13 de diciembre de 2016
Polo fío dunha navalla

Noite escura nunha cociña quente. Ferven os miolos dun ir e vir polas corredoiras embulleiradas. Música de jazz nunha noite escura. Perna dereita marcando un ritmo musical nunha cociña quente. Ferve o desexo dun andar e correr polo fío dunha navalla. Quizais Fats Waller cante sen querer cantar. Quizais este molgués que escribe berre nesta noite escura. Quzais o berro non vaia máis alá destas catro paredes dunha cociña quente. Fóra vai frío. Na vida sempre ten que haber contrastes. Que monotonía se todo fose unha liña continua! Silencio nesta noite escura. Pero o ruído musical fura nos bofes dun forno que lampexa. Ás veces custa alternar o silencio coa inspiración duns versos. Claro que onde hai un poema, hai uns latexos que botan e rebotan nas baldosas dunha cociña quente. Ó mellor é porque a noite é escura. Hai nubes e non loce o firmamento. Mal momento!


O que foi e xa non é

Agapito Silbido Subela senta entre os canastros da Aira de Arriba e deixa que a nostalxia sente á súa beira para contemplar os anos sesenta e setenta. Agapito, agora mesmo, non é un rapaz; é un home feito e dereito, pero dun tempo para acá a súa vida retrocede uns cincuenta anos. Vese xogando por entre os canastros dos veciños e tirándose contra os palleiros de palla, uns, e de herba, outros. Xeralmente de palla. A herba aínda lembra que se gardaba máis nas palleiras. Desde a posición na que está, Agapito Silbido Subela olla para o campanario da igrexa de Baños de Molgas e desexa subir con el á lúa. Sempre imaxinou a súa torre como un foguete cara á lúa. Pecha os ollos e pensa nas tardes de xogar ás chelas ou ó marro. Abre os ollos e ve eses pés dos canastros que xa están sen canastros. Nesa imaxe está a contemplar o paso do tempo, o que foi e xa non é.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania