Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xogando cos nosos dereitos

sábado, 10 de diciembre de 2016
O noso día a día está rodeado de sorpresas, sen poder baixar a garda na loita pola igualdade. Semella que hai unha vida asegurada sen limitacións, como se a vulnerabilidade non formara parte da mesma. Está en todos e cada un de nós e non ten porque abordarse sempre en negativo porque mostra a capacidade de reaccionar.

Chama a atención a facilidade con que se vulneran dereitos fundamentais recoñecidos nos artigos 14 e 19 da Constitución Española e na Convención da ONU, ratificada por España no ano 2008. Podemos asegurar que a nosa lexislación é avanzada. Contempla de maneira específica a discriminación positiva, a accesibilidade universal e o deseño para todos. Pola contra, é precaria a súa aplicación.

Levo case 40 anos conducindo sen imaxinar que algún día podería ter problemas na tarefa rutineira de “repostar”. Hoxe toca falar das gasolineiras como servizo público. A veces coa publicidade enganosa de que o seu obxectivo é ofrecer o mellor servizo ao cliente. Sen embargo, están proliferando as que non prestan atención. Isto afecta ás denominadas “low cost” e tamén a aquelas que en horario nocturno só atenden en ventanilla e o seu persoal non está autorizado a saír. Fai uns días un empregado comentábame que a súa filosofía é chegar, repostar e pagar no mesmo surtidor.

O autoservizo forma parte da liberdade de cada empresario que pode facer os cambios que estime oportunos para optimizar recursos, pero… que pasa cando a persoa non pode servirse polos seus propios medios ou ben non pode acceder aos dispositivos de cobro? Segundo un informe de Consumo estes negocios non poden impoñer esixencias desproporcionadas que dificulten o acceso aos bens subministrados. O descenso dos prezos para unha maior competencia restrinxe o uso dos servizos a disposición do público ignorando os dereitos das persoas con mobilidade reducida como consumidores. Temos que depender da solidariedade dos demais.

Está visto que non se lembraron de nós. Como se non pagaramos… Ou se se lembraron, primaron os intereses económicos. A existencia de persoal é imprescindible porque unha persoa con diversidade funcional ten dereito a que alguén lle preste o servizo. En nove Comunidades Autónomas, entre elas non figura Galicia, xa lexislaron a obriga de subministrar os seus produtos cumprindo así o principio de igualdade de oportunidades e evitando discriminacións. Están obrigadas a garantir os dereitos dos seus clientes durante todo o horario de apertura.

Vimos de conmemorar o Día Internacional das persoas con diversidade funcional e chega o Día dos Dereitos Humanos. Seguimos a loitar por unha sociedade inclusiva que, respectando os nosos dereitos, teña en conta a diversidade humana. Os problemas non derivan tanto da persoa senón da inadaptación da estrutura social ás necesidades que demanda. Todo se reduce a respectar ao outro na súa diferencia, sen esquecer que esta diferencia en calquera momento pode ser propia.
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES