Valor e positividade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 08 de diciembre de 2016
O xoves no que sae publicado este artigo coincide coa festa da Inmaculada Concepción.
É un día de festa para tódolos cidadáns que habitamos na pel do touro, chamada España; sempre e cando queiramos e poidamos celebrala.
Os católicos lembramos neste día a unha Muller que andando o tempo tivo que superar moitísimos atrancos para cumprir a misión que lle foi encomendada.
Estaba cargada de valor e positividade, ademais da graza de Deus.
Moi ben podería servirnos de exemplo.
En calquera caso toda persoa -tanto se é crente como se non- está chamada a botarlle valor á vida e a vivir en positivo.
Eso é o máis aconsellable, según o meu humilde parecer.
Pero á hora de verdade hai hai persoas que teñen pouco valor para enfrontarse coa vida e co mundo.
Por poñer algúns exemplos de actualidade nestes tempos:
-HAI CRIATURIÑAS QUE SOFREN DE ACOSO ESCOLAR PORQUE OS OUTROS OS INSULTAN.
¿Cando non foi así?
Tódolos nenos sufrimos algo nesa etapa da vida; pero noutros tempos; os maiores non lle daban importancia a esas cousiñas porque hoxe por min e mañá por ti.
Tocaba aprender a defenderse, esquecendo as ofensas botándolle valor á situación.
Os nenos son nenos e tamén son crueles pero do mesmo xeito que se enfadan, tamén fan as paces.
O profesorarado ó longo da súa profesión soluciona habitualmente este tipo de problemas cunha aperta.
E cónstame que os nenos responden moi ben.
Porque, afortunadamente, os nenos non gardan rencor.
A infancia ten que aprender a defenderse e vivir en positivo desde idades moi temperás.
Hoxe en día máis aínda porque se incorporan á vida en sociedade, nas garderías e escolas infantís, xa desde bebés en moitas ocasións.
Eso non quita de que vaian educados da casa para saber comportarse en comunidade, que parece ser que eso é o que falla.
-OUTRO COLECTIVO SOBRE TODO NA ADOLESCENCIA- SOFRE CIBER-ACOSO.
A violencia sexa esta do tipo que sexa, nunca está xustificada; pero poñer un móbil na man dunha criatura en idade escolar é poñerlle nas mans unha arma que nin a infancia nin a adolescencia, están capacitadas para saber utilizala adecuadamente.
O profesorado loita moito para evitar que na infancia e na adolescencia se leven móbiles á escola; pero a maioría das familias fan oídos xordos cando non se enfrontan co profesorado por este asunto.
Daquela, os conflictos de ciber-acoso están servidos pola propia familia.
A familia é a encargada de resolvelos se así o considera oportuno, ou pandar coas consecuencias no caso contrario.
Por outra banda, non teño noticia de que ningún colexio nin instituto inclúa o móbil como material escolar.
¿Por qué se produce o ciber-acoso escolar?
¿Será porque os nenos son malos?
Penso que non.
Inclínome a pensar que o erro cométeno as familias ó poñer nas mans dunha criatura unha ferramenta moi tentadora que non pode controlar como é debido.
¡Que pena que sexan os propios proxenitores os que dean orixe a situacións tan dolorosas!
-E NON DIGAMOS NADA DA VIOLENCIA DE XÉNERO, SOBRE TODO CONTRA AS MULLERES; sobre a que se verten ríos de tinta un día si e outro tamén.
Esas mulleres necesitan armarse de valor para defende-los seus dereitos, especialmente o dereito á vida.
Non poden calar ante situaciós así de graves.
Deben autovalorarse e subir a súa autoestima sen asoballar nin ser asoballadas.
En fin
Na vida cotiá todos estamos enfrontados dunha maneira ou doutra a superar obstáculos de diferente intensidade.
Do que se trata é de botalle valor á vida; restarlle importancia ó negativo e vivir con intensidade todo o positivo que nos ofrece o día a día.
¿Teremos que ir de heroes ou heroínas pola vida?
Tampouco se trata deso:
-Trátase de non facelas e non temelas.
-Trátase de facer canto máis ben se poida tanta para a propia persoa como para as outras..
-Trátase de educar desde a infancia para saber comportarse desde a idade máis tenra ata a senil.
-Trátase de autoeducarnos tódolos días da nosa vida, independentemente dos anos que levemos vividos.
-Trátase de non usar ferramentas de dobre fío.
-Tratase de observar se vivimos ben de xeito que poidamos ter boa calidade de vida, que é ó que todos aspiramos.
-Trátase de reflexionar sobre como queremos ser para poñe-los medios adecuados.
-Trátase de ter sentidiño.
-Trátase de aproveita-lo recursos persoais de cada persoa para ser o máis feliz posible e compartir felicidade cos que nos rodean.
Non podemos delegar nos goberrnos a nosa vida persoal, porque as normas que van ben para unhas persoas non valen para outras.
Non é só cuestión de cartos, nin de medidas políticas; é principalmente cuestión de tomar conciencia desde o máis profundo do noso corazón.
NO CORAZÓN ESTÁ A SOLUCIÓN
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas polo valor que lle deixa botado á vida.
Moitas grazas por vivir con ilusión e entusiasmo a vida de cada día con valor e positividade.
Moitas grazas por ter paciencia para ler a miña reflexión sobre un tema que a min me parece moi importante.
Graciñas.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora