A Neira Vilas
Otero, David - jueves, 08 de diciembre de 2016
Hoxe desde as nosas miradas,
como a corazóns sen forzas,
O Ulla por Gres
pasa de tristeza...
E non debese
pero non leva cantos de paxaros
nin ventos de contar,
nin sombras que gardan segredos do solpor
Pero de todo
nós
aínda estamos cerca
si
quen estamos aquí,
sempre estivemos aquí,
pois moito do mundo vólvese olvido.
Nós respectamos as belezas,
os amores libres,
os silencios de almibre
e os nomes que nos xuntan
e unifican.
Somos quen amamos o construído,
as augas das regadas,
Quen seguimos amigo
sen abandonos
o teu camiño.
E ti ben sabes onde estamos escribindo
aí
na vella mesa defendendo a vixencia,
no sorriso alborexante
das nosas matrias melodías
E miramos ao ceo coa túa sabiduría,
suxeitos á beleza
e na memoria,
e vemos que xa non nos queren
moitos poemas
outros si
Pero teimosamente témoste
no máis consciente dos días,
lémoste e nomeámoste,
e abrímonos paso nas palabras.
Abusamos das túas tonalidades,
pois es un motor das nosas cancións.
Cancións que nos aluman nas escuridades
para sabermos donde ir.
Por iso no teu saber facer
ti volves sempre cos recordos,
co colorear do arco da vella,
e nas imaxes asombrosas da túa obra.
E os teus afectos persisten sen abandono,
sen silencios, nin olvidos,
e resoan nas voces ecoantes
dos cumes que se abrazan neste val.
Anisia e Pepe
o voso amor foino expansivo
intenso
e deu mornura por todas partes.
Nesa absoluta intimidade
Anisia e Pepe
Xuntos
podiades con calquera
Nós non inventamos nada
Estamos aquí
Deixade que as nosas palabras abracen
a beleza dos vosos nomes
Anisía
digo Pepe.
Grazas por darnos a vosa benvida
de sempre a sempre
De ano a ano
a memoria e desexo..
aquí estando
de eternidade a eternidade.
david otero en Gres,26/11/ MMXVI-ANO DE MANUEL MARÍA.

Otero, David
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora