Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Idoia de Friol, Idoia nosa

viernes, 23 de febrero de 2007
Morre un soldado español en Afganistán. Impacto forte ó recibir a noticia.

O impacto faise máis forte, penetra máis dentro de nós cando sabemos que tiña 23 anos, era filla única, chamábase Idoia Rodríguez Buján, era de Friol, das estribacións da Terra Chá lucense.

O impacto especial é por ser galega, por ser tan nova, por ser muller. Velaquí o mellor exemplo de igualdade como sempre dixeron os nosos maiores: Nada iguala tanto coma a morte.

Sabemos que a mellor función que o Exército pode ter é a de axudar a mante-la paz, dentro e fóra das fronteiras. A misión do exército non é face-la guerra senón axudar a conservar a paz.
Idoia era militar profesional. Gostaba do que facía, era a súa vocación. Morreu en acto de servicio, e eso prodúcenos ese múltiple impacto emocional que non se produciría se traballase nunha oficina a uns centos de metros da súa casa e un desgraciado accidente de tráfico segase a súa vida de repente.

Por unha vez –unha vez máis– o soldado, a rapaza morta, ten nome propio e tócanos cerca. E só se nos ocorre transmitir á familia a nosa condolencia, magoarnos da súa morte (tan cedo¡), e lembrar que o Exército está en guerra aínda que estea en misión de paz.

Descanse en paz, Idoia nosa, de Friol-Galicia, muller morta pola paz nun país onde as mulleres aínda non conseguiron situarse á altura dun ser humano con dereitos. Muller de fóra que foi morrer a miles de kilómetros da súa terra por nenos que cando medren nunca saberán dela, por mulleres que nunca comprenderán como unha muller pode ser tan independiente como para ir morrer por milleiros de mulleres que non teñen nin o dereito de morrer por outro ser humano.

Descansa en paz, Idoia nosa, vintetres anos, filla única, de Friol-Galicia, heroína a forza de cumprir co teu deber cotián que este mércores incluía na Orde do día o feito de morrer pola patria lonxe da patria física, máis cerca que nunca da patria da humanidade que, neste caso, se chama Afganistán.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania