Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cinismo politicamente correcto

miércoles, 07 de diciembre de 2016
Veño de ver un vídeo de youtube no canal de UNICEF que me vén a confirmar as miñas percepcións de vivir nunha sociedade ancorada na perversión do politicamente correcto.

Fala de unha nena, Anano, de seis anos que é actriz e deambula perdida pola cidade. Cando a nena vai ben vestida, todos acoden a súa chamada de axuda. Entón, Anano disfrázase de mendiga e as cousas son totalmente distintas: xa non hai unha man a quen pedir axuda. Anano é a mesma pero está a descubrir a hipocrisía social que fai que un neno teña dereito á infancia se nace no seo dunha familia canónica no sentido que marca a sociedade. Se non é así, simplemente será unha persoa que cumpre a condena que xeración tras xeración etiqueta a súa familia. Tristemente, esta etiqueta marcará as súas posibilidades de futuro e restrinxirá o seu paso a determinados ámbitos da sociedade.

Non falo de inmigración nin de razas inxustamente excluídas polo sambenito da tradición. Falo de veciños que dalgunha maneira se criaron ao noso carón e por ter un xeito de vida máis ou menos distinto caeulles enriba o ladrillo dun prexuízo. Ë o que eu chamo sambenitos modernos que veñen cubertos da palla dun discurso politicamente correcto non apto para a criticidade que nos ensina que excluír é protexer. Este discurso é o que estamos a combater día a día dende o ámbito da educación inclusiva mais ten o falso arraigo da vitimización dunha sociedade autocomplacente que cree que fai máis do que debe cando en realidade non fai o que debe.

Vídeos como o de Anano (actriz profesional) amósanos un camiño de deshumanización ao que ninguén ten interese en poñerlle freo. Por iso, é bo pararse a pensar que grandes riquezas caeron na miseria e que ninguén está libre de ser Anano. É máis, a nosa intrahistoria amósanos familias con posibilidades económicas que acabaron tecendo unha xeración de “Ananos”. A solidariedade é o único que nos pode salvar das adversidades actuais e das futuras...

https://youtu.be/7oovL3F3W1o
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania