Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O incrible I. P. C.

jueves, 22 de febrero de 2007
Ninguén o creu nunca. Ninguén o cre agora. E sen embargo, o todopoderoso I.P.C. goberna de xeito indirecto as nosas economías, porque é instrumento en man dos gobernantes para dispoñer incrementos salariais, referencia para convenios colectivos, marco para o desenvolvemento da nosa economía familiar.

O último I.P.C. coñecido establece que en Galicia baixaron os precios o 1,2% o pasado mes de xaneiro en relación co mes anterior, e que a subida nos últimos doce meses foi do 2,1%. Foi a segunda comunidade española, despois da Rioja (1,4%) onde máis baixaron os precios.

Certamente non se pode rexeitar a priori o resultado dun estudio científicamente planteado para estudiar o custo da vida. Pero ningún I.P.C. reflectiu a drástica subida sufrida cando o cambio da peseta ó euro, perfectamente cuantificable polo consumidor medio que nota a merma sufrida na economía familiar malia a –ou precisamente por– a tendencia a considerar que 100 pts equivalen a 1 €.

Seguro que os estudios do I.P.C. están ben feitos, e as técnicas aplicadas e os técnicos que as aplican, axeitados ó seu papel. Pero ninguén convencerá ós galegos de que a marcha do custo da vida é como oficialmente se marca.

Pasa o mesmo que cos ciclos climáticos, que por ser lentos nótanse menos. Cando xa temos perspectiva de anos ou décadas e vemos que un xornal hai corenta anos costaba 1 pts e hoxe custa 1 €, cóstanos traballo atopar un índice racional ó que se acomode un proceso así.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES