Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

martes, 06 de diciembre de 2016
A trangallada do clásico

Pingas de orballo
Nunca reneguei do fútbol. Pero hai cousas que me rebentan do propio fútbol. Principalmente toda a trangallada que se trae consigo. Toda unha semana, que digo!, máis dunha semana falando do clásico e despois resultou que o tal clásico foi un total despropósito de xogo e de xogadores. De xogo porque en vez dun partido de fútbol semellaba máis unha guerriña de patio de colexio. E de xogadores porque os dous grandes cracks (un de cada equipo) dedicáronse a deambular polo terreo de xogo e, imaxino, a pensar nas evasións fiscais. Máis dunha semana a prensa dálle que dálle para que, logo, á hora da verdade, o espectador desexando de corazón que o árbitro pitase o final do encontro. Ó seguinte día decátaste de que, por exemplo, o Betis-Celta foi máis alá dun gran clásico e a prensa segue falando das repercusión que "o clásico" poderá teñer para a liga de campións. Os demais pequenos clásicos que se busquen un oco nos xornais locais. E van que chutan.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES