Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Independencia

viernes, 02 de diciembre de 2016
Na última sesión plenaria da Deputacion Provincial de Lugo, que foi doble e en conxunto durou preto de sete horas, non fai falla dicir que Martínez foi protagonista porque o seu papel de verso libre nun conxunto presumiblemente harmónico aínda interpretando papeles diferentes, permítelle protagonismos que doutro xeito quedarían diluídos dentro do grupo político ao que pertence.

Martínez pretendeu ser presidente da Deputación, sen conseguilo. E xa que sabe que neste período político non vai ter papel presidencial na Corporación, atense ao seu papel municipal, rexindo o Concello de Becerreá, procurando para este concello a maior rendibilidade.

Hai uns días fíxose pública a posibilidade de que algúns alcaldes independentes da provincia de Lugo –non hai que esquecer que de facto Martínez é agora mesmo un independiente, como o son o de Monterroso, o de Chantada ou o de Rábade- poderían confeccionar candidaturas independientes para as próximas municipais, e loitarían por conseguir un posto na Deputación para ser chave de goberno.

Para esa operación compre asentar o papel dos políticos nos seus concellos, e parece que Martínez se vai facer forte en Becerreá, xa pola súa natural influencia no concello, pero tamén conseguindo dotacións esenciais que lle garantan unha aínda mellor posición.

Conseguir unha residencia comarcal de maiores en Becerreá e un centro de día, construcció que estará moi avanzada cando as próximas eleccións, é asegurarse un excelente clima político para o futuro. Antes, votou ao seu favor o PP. Agora, incluso o Psoe aproba a Residencia. Porque o disputado voto do diputado Martínez é esencial á hora de aprobar presupostos, e sen esta aprobación nada é posible nunha institución.

A tranquilidade presupostaria ben merece unha residencia de maiores, por outra parte seguro que necesaria para a comarca. E para Martínez é o pasaporte para o futuro. Así que, en definitiva, case todos contentos. E Becerreá terá unha instalación que seguro interesa a moita xente nesta terra que envecelle a gran velocidade.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES