Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡¡Non á Violencia!!

miércoles, 21 de febrero de 2007
X.A. Pagola regálanos estas ideas/mensaxe: “Xesús vía todo desde a súa experiencia de Deus. E Deus, o Pai bo de todos, ama e busca a xustiza, pero non é violento. Non destrúe aos inxustos senón que busca o seu cambio. Así é Deus e así hai que traballar por un mundo máis humano Non introducindo máis violencia senón buscando o cambio das persoas e a humanización das relacións humanas”.

Facemos nosas as preguntas/respostas.”¿Non é isto un soño de Xesús?, ¿Hai que permanecer pasivos diante os abusos?.¿Hai que se someter con resignación ás inxustizas dos poderosos?. ¿Pódese loitar contra o mal só co ben?.” Continúa: “A postura de Xesús é clara. Para facer un mundo máis humano, temos de actuar en sintonía con Deus, que non ten corazón violento. Temos de parecernos a El, incluso ao loitar contra a inxustiza. Xesús é realista. Non impón normas nin preceptos. Sinxelamente, “aos que o escoitan”, anímaos a seguir un xeito de actuar orixinal e valente. Non os chama á pasividade; non os anima á resignación. Invita a reaccionar ante as agresións con xestos de amizade que desconcerten e fagan reflexionar ó adversario, cortando de raíz a escalada da violencia”.

E ponlles exemplos para ilustrar a súa idea/mensaxe: “ó que che pegue nunha meixela, preséntalle a outra”. Non perdas a túa dignidade, míralle aos ollos, quítalle o seu poder de humillarte, ofrécelle a outra meixela, faille saber que a súa agresión non ten un efecto destrutor sobre ti; faille ver que segues sendo tan humano ou máis ca el”.

Xesús aínda puxo mais exemplos, pero abonda co dito. Non é doado seguir ese camiño. Por iso nunca serán moitos os que sigan a Xesús. Non pensou en grandes masas. Só quere que algúns sexan “luz do mundo e sal da terra”. Invita a todos e a todas. E dinos que é posible se o intentamos. El e outros foron. Nós tamén somos...¿Ou non!?
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES