Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Neira Vilas e Foz

jueves, 01 de diciembre de 2016
A grande figura literaria da pontevedresa comarca do Deza é, sen dúbida, Xosé Neira Vilas. Bastaría un só dos seus libros, “Memorias dun neno labrego”, o máis lido da literatura galega, para consagralo como unha primeira figura da historia literaria da nosa terra.

Coñecimos personalmente ó insigne autor o ano 1994, hai mais de 20 anos, cando en Foz pronunciou o pregón da Feira do Libro, da que o cronista era director e dende entón mantivemos con él e a dona, a cubana Anisia Miranda,
tamén escritora, unha cordial amizade.

De entón conservamos carta na que dí: “ Volvín contento de Foz.Había moita xente na inauguración. Firmei moitos libros e recibín moi cordiais atencións.Teño estado neste ano e no que pasou en varias feiras, como pregoeiro e firmando nos meus libros, e a de Foz foi a mais concurrida, mais que a de Santiago e Ferrol, no acto e cirimonia inaugural. É a primeira vez que vou a unha feira do libro mais alá de Lugo ou Monforte, ben ó norte do noso país, e a experiencia foi ben fermosa”…

Omitimos varias liñas por tratarse de alusións persoais; e remata Neira Vilas: “Todo, pois, moi alentador, moi ilusionante, e quería decircho directamente”.

Pasado algún tempo visitamos á parella na súa casa da aldea de Gres, preto de Vila de Cruces, onde coa vivenda ten a sede a Fundación Neira Vilas, en edificio singular, proxectado polo arquitecto César Portela, coa biblioteca e o museo, que ambos doan para formar parte do patrimonio do pobo. Ao despedirnos, unha encomenda:”Non vos marchedes sen coñecer as ínsuas do Ulla”. Pretiño da casa, nun remanso do río,de bucólica beleza,un archipiélago de cinco ínsuas, que son outras tantas carballeiras, comunicadas entre sí por senllos pontigos, compoñen unha estampa de insólita fermosura. Unha destas foi escenario da homenaxe que a Asociación de Escritores rendiu en 1990 ó ilustre intelectual. Un soneto, gravado en pétreo monolito, perpetúa o feito: “Auga, pedra, sol e vento/ aquí a ledicia é tanta/que todo rebule e encanta/e o Ulla vaise contento./ Teño nesta terra asento/ e un sentemento profundo,/un amor vivo e rotundo/ polo val onde nacín;/ son deste anaco do mundo”.

O pasado día 27cumpriuse o 1º ano do pasamento do ilustre intelectual e amigo. Lembranzas para él.

(Suso Fernández é Cronista oficial de Foz).
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES