Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lugo pode ser outra cousa

martes, 20 de febrero de 2007
Escribo, e á vez fago exame de conciencia sobre o sentimento que me provoca esta miña cidade bimilenaria.

Dóeme Lugo (a alguén doíalle España), porque levo corenta e dous anos vivindo nunha cidade pequena, inmobilista, pechada, onde o “hoxe” non se diferencia do “onte” moito máis ca en que somos un pouco máis vellos, e na data dos xornais.

Pero esa dor non é, afortunadamente, o único sentimento. Gozo Lugo pola pedra, polos silencios, polos fríos, pola muralla. E este gozo anchéame o corazón cando paseo o Lugo de “aceiro e de mel” de Lorenzo Varela.

Respiro Lugo no Rato, no Parque, na Tolda, nas prazas, nas rúas estreitas. O centro de Lugo ule a resaca na mañanciña, a vida na hora dos viños, a languidez na do café, a silencio cando a noite cae pesadamente nas rúas centenarias. Seguro que estes aromas son os que atraían a Celso Emilio.

Pero os lucenses non queremos a Lugo. Ou non a queremos como merece. Por eso temos o Lugo que merecemos. O Lugo do gozo, o Lugo do perfume, o Lugo da dor. O día que aprendamos a amala, Lugo (parodio a Novoneyra), “pode ser outra cousa”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES