Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Humor negro balsámico

miércoles, 30 de noviembre de 2016
Veño de recibir a nova do pasamento dun compañeiro. Era un home maior que non tiña pernas e andaba nunha cadeira automática. O caso é que con moita frecuencia gustáballe reparar en si e rirse. Recoñezo que cando estábamos xuntos xestábanse unhas ideas un pouco disparatadas pero moi requintadas.

Certo día riuse de nós polo que gastábamos en zapatos e calcetíns que equivalía ao seu propio aforro. Entón empezamos a enumerar todo o que aforraba pola falta das pernas e a min acordóuseme que a caixa para a derradeira viaxe tamén podía ser máis pequena, ao que outro compañeiro replicou “nunha caixa de nenos non vai coller de ancho”. Abofé que ese día rimos a cachón.

Hoxe, como homenaxe ao meu compañeiro, teño que dicir que o humor negro é unha gran ferramenta para desdramatizar a vida e plantarlle cara á adversidade.

Rirse da vida é un arte moi serio do que sabe moito o gran amigo e colaborador desta casa Xosé Manuel Carballo, ese violín sen cordas que fala por un tubo e que, para a nosa sorte, ninguén é quen de calar. O humor lévanos ao exercicio da risa que nos carga as pilas do corazón e nos inspira as mellores respostas para os vaivéns da vida.

Sen humor negro é moi difícil comprender e asumir determinadas cousas que, ou ben escapan ao noso entendemento, ou ben carecen totalmente de sentido. En todo caso cruzar o río e ver o problema máis alá do seu peso dramático sempre nos axuda a buscarlle solucións. En troques as bágoas nos ollos impídennos ver o camiño con claridade. Non é doado pero o riso sempre abre o camiño da aceptación...

Desdramatizar a vida é mirala cara a cara e dicirlle: amareite sempre pero ata o final heime rir contigo das circunstancias para viralas en ledicia. Sen nos quitan o humor a seriedade pode chegar a afogarnos en bágoas.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania