Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

martes, 29 de noviembre de 2016
Na Gloria Musical

Pingas de orballoEmpezo a angustiarme. Empezo a deprimirme. Fochico e fochico no ordenador e non atino con nada. En cuestión de informática estou completamente peixe. Logo, para máis aquel, teño tres portátiles (os dos rapaces e o meu) e ningún vale un carallo. Así de claro. Angústiome vivo! Menos mal que, ó acendelos (cando acenden...), poño a miña música e entón si, entón xa poden ir lentas as aplicacións, xa poden fallar que un servidor está case ou sen case como na gloria. Como na gloria musical. Porque no inferno estou cada vez que quero configurar algo. Burro, máis ca burro! Menos mal que para os meus relatiños vanme servindo. Pero, certo, ata que me serven, ata que empezo a escribir a primeira liña, pódese eternizar o tempo. Por iso, o primeiro que fago, antes de escribir, antes de fochicar é entrar no YouTube para flotar na gloria musical. Agora mesmo escoitando a Jim O´Rourke.

O verso escapa do poema

Pingas de orballoQuere a lúa ser sol e o sol ser compás diante dunha páxina en branco. Quere o silencio ser ruído e o ruído acougar entre os viraventos dun campanario. Quere a alma ser pensamento e o pensamento navegar por entre as ondas furtivas dun mar en calma. Ninguén debería solucionar os problemas sen mamar antes as penas. Ninguén debería soñar co infinito e máis alá, cando non consegue tan sequera solucionar o de acá. A vida é algo máis que un verso escrito na soidade dunha noite. Quere o verso ser arado de pau, pero o arado de pau leva moitos anos colgado na palleira. Queren a lúa e o sol ser universo, pero o silencio e o ruído viaxan polas noites escuras para que a alma e o pensamento se acochen entre os desexos dun pobre escritor que non consegue matar o tempo. O escritor quere ser verso, pero o verso escapa do poema.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES