Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aínda sigo nervioso

lunes, 28 de noviembre de 2016
Aínda sigo nervioso, moi nervioso. Polo pasamento de Rita Barberá. Principalmente polo famoso minuto de silencio. Canta hipocresía hai en algúns! Hai pouco crucificárona ó botala do partido e, agora, queren alzala, queren tela como unha mártir. Outros falan que, por decencia, non se deberían dicir tales ou cales cousas. A eses outros habería que preguntarlles se ela tiña a mesma decencia cando actuaba como actuou. Porque, por se non o saben (saben, saben), esa señora estaba imputada. Digo eu que por algo sería. E, por suposto, eu tampouco gardaría un minuto de silencio. Nese minuto deixaría de facer cousas, e ela... carallo se fixo!

Aínda sigo nervioso, moi nervioso. Black Friday. Viernes Negro. Venres Negro. Así, nos tres idiomas. E nos tres usamos tan só dúas palabras. Mannequin Challenge. Desafío Maniquí. Desafío Manequín. Tamén nos tres idiomas. E tamén nos tres, outras dúas palabras tan só. A ver, por que raio usamos as inglesas? Quere alguén dicirme por que usamos as inglesas? A que veñen entón os estudos, análises, ensaios, reportaxes, informes, crónicas e artigos dos medios de comunicación sobre a problemática do galego? Outros farisaicos! Porque se lles chamamos Black Friday e Mannequin Challenge é porque os medios de comunicación nos bombardean con eses termos. Se queren escribir en inglés, que non se preocupen, entón, tanto polo galego. Por certo, a estupidez do Mannequin Challenge merece outro relato á parte. Escribireino.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania