Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis mortos ca Rita Barberá

viernes, 25 de noviembre de 2016
Levo dito ben veces que para ser político hai que ter un talante, un aguante especial, para resistir impávido ou impávida todo o que a política propina, golpe a golpe, cada día. Algúns non resisten esta presión e bótanse fóra, ou caen coas botas postas.

Cando me enterei que morrera dun infarto Rita Barberá, viñéronseme á mente dous versos de Becquer: “Dios mío que sólos / se quedan los muertos”, aínda que ela xa de viva quedou soa cando o PP deixou de apoiala nos seus problemas xudiciais.

Estes versos son aplicables aos que tiveron poder e xa non o teñen. Aos que dedicaron á política os maiores esforzos, e chegado o momento do retiro político –xoguetes rotos- comprobaron que deixado o cargo, non sendo xa influíntes, resultan estar como mortos; deixan de ser visibles, os saúdos e as invitacións escasean… esquecémonos deles coa mesma facilidade que os fixemos sentir importantes. E quedan sós, coma mortos.

Pero hai outro tipo de mortos… os políticos que o mércores, no Congreso, non eran capaces de gardar un minuto de silencio por unha política destacada que acababa de morrer, fóra cal fose o seu partido político, as súas crenzas, si que están mortos.

Só se lles pedía que gardasen un minuto de silencio por respecto a unha persoa á que o seu corazón non puido resistir unha presión para a que se coidaba que estaba preparada. Só se lles pedía que coma o resto dos partidos da Cámara de Deputados, que nos representan ao conxunto dos españois, se puñeran de pé, e gardasen un miserable minuto de silencio, por unha compañeira de “profesión” que acababa de morrer.

E do mesmo xeito que son incapaces de mostrar o máis mínimo respecto pola máxima autoridade do Estado, levando as súas propostas e actitudes a límites que pretenden conectar cos máis extremistas da nosa sociedade, onte cubríronse de gloria expresando o seu desprezo por unhas non escritas reglas de convivencia, e –en definitiva- por unha muller con igual ou mellor vocación de servizo ao pobo, ca eles mesmos. E non poido evitar volver a Becquer que proclama: hay algo que explicar no puedo,/algo que repugna / aunque es fuerza hacerlo, / el dejar tan tristes, tan solos los muertos. E a min paréceme que, o mércores, os deputados de Podemos estaban máis mortos ca Rita Barberá.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES