¡Non todo vale!
Mato, Xesús - lunes, 19 de febrero de 2007
¡Nin nas entroidadas! Hainas mortais. No Entroido e perante todo o ano. Con carautas e disfraces diarios, permanentes. Onde máis se nota é no eido da política, da economía, da Igrexa. ¿Lembran aquelas enquisas sobre a valoración dos políticos e da Igrexa?
Fainos falla memoria histórica. (¡Non é preciso chegar aos suevos!) Con tanto balbordo e consumo axiña esquecemos feitos actuais. Abonda con ollar aos nosos parlamentos e concellos. Crispacións, insultos, mentiras, promesas de futuro (¡sen presente!) a esgalla. Na nosa cidade/Lugo abondan plans, proxectos, pontes, autovías, auditorio, cronista oficial...Todo vendido fai anos. A maioría... para o 2010, 12, 15 ¡Que desmemoriados!
Na Igrexa abonda con lembrar as evidentes contradición das súas mensaxes, insultos e desprezos dalgúns dos seus mensaxeiros (¿profesionais!?) da súa cadea de emisoras que debían ser estrela/modelo do diálogo, da reconciliación, da paz, do amor... neste noso País, tan precisado de canles de paz e de convivencia. As súas insultantes e vergoñentas entroidadas diarias, descaradas, maliciosas, retorcidas e mesmo diabólicas, son un grave escándalo para crentes, agnósticos e mesmo para ateos e/ou seguidores doutras relixións. Aberrante, duro e puro cinismo reconvertido nunha auténtica hipocrisía. Compre volver ao espírito ledo, sinxelo, inofensivo, crítico e mesmo cómico/festivo e gastronómico do noso rural galego, aínda non tan contaminado.¡Non todo vale, amigos!

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora