Guitiriz e Parga inaugurarán novamente o ano novo con POEMAS PENDURADOS DAS FAROLAS, a iniciativa de comenzos de 2016 que levou adiante a NPG Nova Poesía Gitirica nas farolas de Guitiriz e Parga, volverá para o ano novo con novidades.
@s poetas da NPG poñerán os poemas coa reproducción do seu puño e letra nas farolas mellorando o formato e a imaxe.
Eses mesmos poemas serán fotografados nunha farola e reproducidos pola rede, esa inmensa avenida virtual, penduradas desas farolas de facebook, twitter, instagram etc de amizades e medios.

Os poemas terán unha temática común que cada poeta da NPG empregará para compor os poemas de maneira libre.
Guitiriz, concello de pedra, auga e poesía, consolida esta iniciativa da NPG de achegar a literatura a pé de rúa, socializala e popularizar a poesía na terra de Diaz Castro.
Outra iniciativa da: NPG Nova Poesía Guitirica. (Os Vilares, lareira de soños)