Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O límite da paciencia

jueves, 24 de noviembre de 2016
Nesta vida todo ten un límite.
¿Certo?
Existen límites entre persoas, límites entre propiedades, límites entre países. ..
Límites e máis límites. Ata nós mesmos nos sentimos limitados moitas veces por non poder facer o que queremos ou podemos por moi noble que sexa a causa.

Ben, pois aínda que me consta que vostede é unha persoa moi paciente; estou ben convencida que nalgún momento ten perdido a paciencia porque certa situación era insostible.
¿Ou non lle pasou nunca?
A min si, e a vostede seguramente que tamén.

Cando vemos pisoteados os nosos dereitos e a nosa paciencia xa “non estira máis”, dicimos:
¡Ata aquí chegamos!
¡Hai que coller outro xeito!
¡Esto, de ningunha maneira pode seguir así!
E cando esto ocorre, sacamos todos cantas forzas temos almacenadas no noso ser interno e expoñémo-las nosas razóns.

Expoñémo-las nosas razóns -con educación sí-; pero coa máxima firmeza e contundencia, tamén.
É esa unha poderosa arma de defensa que estamos moral e lexitimamente autorizados a usar en casos especiais:

-EN DEFENSA PROPIA.
Se vemos que alguén quere poñer en perigo a nosa vida; instintivamente reaccionamos.
Non se dan poucos casos neste sentido cando a delincuencia campa polas súas anchas como “Perico por su casa”:
Desto fálannos amplamenmte os medios de comunicación tódolos días.
E aínda se dan casos nos que ten máis dereitos o atacante que o atacado… Hai cousiñas que non se entenden moi ben.

-CANDO CONSTATAMOS QUE SE ESTÁN BURLANMDO DE NÓS DE XEITO REITERADO.
Abusos hoxe, abusos maña, abusos pasado maña e así ata que a nosa resposta fai fronte a tanta burla.

-CANDO ALGUÉN PRETENDE PASA-LOS NOSOS DEREITOS POLO FORRO.
Hai quen vai pola vida pensando que todo o monte é ourego ou que el ou ela son os amos do mundo.
¡Menos lobos, menos lobos!

-CANDO ALGUÉN NOS IGNORA CONSCIENTE E REITERADAMENTE; DEBENDO TERNOS EN CONSIDERACIÓN.
Pais que son abandoados polos fillos, fillos que son desatendidos polos pais.

-E CANDO NOS VEMOS EN SITUACIÓN EXTREMAS, ESPECIALMENTE NAS RELACIÓNS FAMILIARES:
¿Por qué se rompen tantas familias hoxe en día?
¿Non terían que romper moito antes?
¿Por qué aguantamos tantas e tantas inxustizas sociais?
¿Por qué vivimos como escravos cando nacemos para vivir en liberdade e dignidade?
¿Por qué será?
¿Será porque non nos atrevemos a dá-la cara?
¿Será porque temos medo?
¿Cal é o noso principal obstáculo?
¿Será o medo?
¿É o medo un obstáculo?
Eu pensó que si.

“O MEDO É O PEOR OBSTÁCULO”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas polas veces que xustificandamente puxo límites á súa paciencia para defender moitas causas xustas.
Graciñas.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES