Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pubertet serie Newton

miércoles, 23 de noviembre de 2016
Apareceu en Youtube unha nova serie de LineJansrud na canle da empresa noruega NRK. Nela a citada sexóloga explica de xeito visual e pormenorizado os cambios físico-emocionais que supón a adolescencia. Cunha dose de humor e unha metodoloxía moi didáctica os rapaces van recoñecendo e asumindo a dinámica dese corpo que vai mudando cara a vida adulta.

Series coma esta contribúen a eliminar tabús forxando unha sociedade aberta á súa propia natureza. Unha sociedade na que non é necesario negar o propio ser para incluírse na mesma. Todas as emocións son expresións humanas que non deberíamos reprimir. O amor pode ter mil formas e ser imprescindible en cada unha delas porque, realmente, o amor é imprescindible para vivir. Polo tanto todas as formas do amor son válidas mentres se baseen no respecto mutuo.

Non sei se a serie terá continuidade, polo tanto tampouco sei que camiño tomará. En todo caso gustaríame que tivera espazo para amosar todas as tendencias sexuais e tamén os distintos xeitos de sexualidade que impón a vida cando se desenvolve baixo unha diversidade funcional física, psíquica ou sensorial. Sería un xeito de naturalizar a sexualidade e ao mesmo tempo universalizala como a necesidade plenamente humana que é.

De novo a naturalización e a universalización danse a man para facilitar a vida accedendo a todo o goce e o benestar que o corpo nos dá. Unha oportunidade para aprender sobre nós, controlar o propio corpo e desenvolvernos saudablemente a través de todo o que somos e sentimos. O coñecemento é a luz do progreso, a ignorancia é a noite do sometemento.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES