Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un cronista para Lugo

viernes, 16 de febrero de 2007
Resposta de Xulio Xiz

En relación coa carta da compañeira e amiga, Tonina Gay, Presidenta do Valle-Inclán, sobre unha frase do meu artigo “Orozco de Abel Vilela”, o malentendido ven dunha frase miña na que eu dicía que o resultado das propostas de Cronista non parecía ser do gosto da Alcaldía, “Adolfo de Abel Vilela, pola súa cor política; Felipe Arias, agora Director Xeral de Patrimonio, por promocionalo o BNG...”

Quixen dicir por promocionalo políticamente ó facelo (con toda xustiza) Director Xeral dunha Consellería gobernada polo Bng. Nunca me quixen referir a que fose proposto polo Bng para a praza de Cronista, xa que non estiven na xénese do tema e non tiña idea de quen propuxo a quen.

Amigo é Felipe, amigo é Adolfo, amiga é Tonina, e o Valle Inclán. E todos queremos o mesmo: Cronista oficial, xa.

O proceso está resultando vergoñento, pero aínda é posible que dun proceso sen xeito se obteña un resultado xeitoso.


----------------------------------------------------------------------------------------

Carta a Xulio Xiz (Tonina Gay)

Amigo e compañeiro Xulio: na túa OPINIÓN titulada “Orozco de Abel Vilela” dás unha información que non se corresponde coa realidade ó dicir que para a praza de Cronista Oficial de Lugo Felipe Arias, agora Director Xeral de Patrimonio, foi promocionado polo BNG. O certo é que o BNG propuxo a candidatura de Adolfo de Abel Vilela como podes comprobar na documentación pertinente do Concello ou, se o prefires, no arquivo do Club Cultural Valle-Inclán. Mellor, podes preguntar a calquera das persoas que acudimos á chamada do BNG, en agosto-setembro de 2004, e na que, no Uxío Novoneyra, Fernando Blanco, Branca Rodríguez Pazos e Neves Núñez nos pediron o apoio das asociacións que representabamos para a candidatura de Adolfo. Tamén podo informarte que, nesa reunión, alguén dixo “nós xa temos presentado ó noso candidato”.

Felipe Arias Vilas, entón Director do Museo de Viladonga, foi presentado como candidato para Cronista Oficial de Lugo polo Club Cultural Valle-Inclán e outras asociacións culturais, de ensino etc... e por elo estou en condicións de afirmar que non era o “tapado de Orozco”, como teño oído en máis dunha ocasión, nin foi “promocionado por Orozco”, como ten aparecido na prensa. O que sí puido dicir Orozco tralas votacións para a terna que, a vista dos resultados, Felipe Arias Vilas era, claramente, o Cronista Oficial de Lugo, feito que non se deu ata o momento. Recordarás que os representantes de 15 colectivos cidadáns, baixo a presidencia de Xosé Ramón Barreiro Fernández, Presidente da Real Academia Galega, concederon 10 votos para Felipe Arias Vilas; 9 votos para Adolfo de Abel Vilela; 7 votos, tras varias votacións para o desempate do terceiro membro da terna, para Xulio Xiz Ramil. Falta a prometida decisión da Corporación Municipal.

Vintecinco meses despois (a terna votouse o 14 de xaneiro de 2005) o Club Cultural Valle-Inclán, con Achádego Teatro, Ágora Cultural e María Castaña vimos de presentar unha pregunta ó Alcalde Presidente do Excmo Concello de Lugo sobre a situación na que se atopa o tema do Cronista Oficial da Cidade de Lugo

Pola verdade sempre, unha aperta de amiga. Tonina Gay. Presidenta do Club Cultural Valle-Inclán.
---------------------------------------------------------------------------------------


Orozco de Abel Vilela (Xulio Xiz)

Para a praza de Cronista Oficial de Lugo, o alcalde, en alarde democrático, solicitou propostas das asociacións culturais e formou unha comisión presidida polo titular da Real Academia Galega que seleccionou e votou uns nomes, pero o resultado non parece ser do seu gosto.

Adolfo de Abel Vilela, pola súa cor política; Felipe Arias, agora Director Xeral de Patrimonio, por promocionalo o BNG... E eu, que xa lle dixen o que podía facer co cargo: Darllo a Felipe ou a Adolfo.

A pataca quente quéimalle nas mans a López Orozco. Pediu o cese de Felipe Arias e non creo que fose para unha total dedicación ás "crónicas", senón porque teña caído en desgracia na cúpula do Concello.

Queda Adolfo de Abel Vilela. ¡Veña, home, noméao dunha vez antes de que calquera incidente che invalide tamén este "candidato" elixido democraticamente nunha convocatoria que ninguén no seu sano xuízo houbera efectuado! Para estas cousas, hai que mollarse.

Pode soar raro que de tres candidatos obtidos nun delirante proceso de selección, un pida que nomeen a un dos outros dous elixidos. Pero ao despropósito da convocatoria non pode unirse unha penosa dilación acobillada en sospeitoso silencio.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania