Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Conchada, punto de partida, punto de chegada

martes, 22 de noviembre de 2016
A Conchada, punto de partida, punto de chegada A Terra Chá conta con numerosas escolas de indianos, casas sufragadas polos nosos emigrantes en ultramar que acreditaban na cultura como mellor investimento para o futuro dos seus. Por sorte, moitas delas recuperadas fisicamente e constituidas hoxe en centros de vida social e cultural dos veciños e veciñas do lugar. Algunhas pasan xa do século de vida e outras están próximas a cumprilo, como é o caso da escola habaneira da Conchada nos Vilares que será centenaria en 1923.

A mellor honra a aqueles que investiron o esforzo do seu traballo e exilio das raíces na cultura dos seus, é A Conchada, punto de partida, punto de chegadarestaurala, adaptala a estes tempos e facer dela o centro da vida social e cultural da parroquia. A eliminación de barreiras, os illamentos, a calefacción, a dotación de medios acaídos para as adtividades, a xestión diaria, habitabilidade en definitiva, é urxente e necesaria. Para esto, a administración, as asociacións e a veciñanza teñen a obriga de entenderse e sumar esforzos que nunca serán máis grandes que o traballo que fixeron aqueles que hai casi cen anos a construiron e que sirveu para a educación de centos de vilaregos de varias xeneracións.

Non facelo, será unha desonra á nosa memória e ao noso patrimonio material e inmaterial cando ainda estamos a tempo de recuperala para uso de todos e poñela en valor como centro social e cultural desta parroquia do rural. Ese debe ser desde agora o reto. A Conchada volve a ser o punto de partida, será tamén o punto de chegada?
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES