Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Día mundial do Neno

domingo, 20 de noviembre de 2016
A efeméride (20 de novembro), data de 1954; a Liga de Nacións establece que “a Humanidade debe ós nenos o mellor que pode ofrecer”. Día para a comprensión entre os nenos, polo benestar e polos dereitos dos rapaces do mundo.

En 1971 celebrouse en Foz a 1ª Feira da Arte Popular Galego,, iniciativa pioneira, á que acudiran artesáns de toda Galicia. Seguindo a pista a éstes ,soubemos que a Cidade dos Muchachos de Ourense, Bemposta, dispuña dun espectacular”stand” no que, á vista do público, mais de 50 artesáns dos seus talleres, producían e vendían pezas de alfarería, madeira torneada, zocas, serigrafía, coiro repuxado, forxa, cestería, encaixes de Camariñas… Un vello amigo franqueounos a porta do P. Silva, fundador da institución, ao que visitamos para solicitar del a presencia do stand na feira de Foz, feito que se consumou na inmediata de 1972.

Moitos outros artesáns ,a título personal, completaban a que foi a demostración artesà de magnitude nunca ata entón coñecida por estas latitudes, como a chantadina Elvira Rodriguez Osorio, daquela a mais prestixosa tecelá de Galicia, con obra espallada por media Europa,, en mans das mais outas personalidades. Pepe de Burón, tallista focego, presentara a súa xenial imprenta Gutemberg, que, tallada en madeira , realizara a minerva e tipos de letra, imprimindo para os visitantes; algo tan exitoso e solprendente, por nunca visto.

A rede galega de telelclubs montara unha sensacional mostra con grande surtido de pezas orixinais, descoñecidas para o gran público, etc... A novidade que a Feira significaba atraer a excursións de provincias limítrofes.

Era a primeira vez ,trala guerra civil, que en Foz ondeaba en acto público e multitudinario a bandeira galega, que permañeceu izada nas tres edicións da feira cos atrancos e os riscos doados de maxinar…

O coro de 60 voces de Bemposta gravara un disco coa asistencia de músicos insignes, como o francés Frank Pourcel dirixindo, entre outras, a canción “ Os dereitos do neno”, peza singular que resume a filosofía que inspirara a obra do P.Silva., apóstolo na defensa e protección da infancia desvalida. Dí así: “1º tódolos nenos nacen libres e iguais no amor. 2º: todo neno ten dereito a esixir contas á Sociedade polo mundo que ésta lle preparou .3º: todo neno é libre como o aire que respira, sempre que éste non estea contaminado. 4º: a verdade sae da boca dos nenos: todo neno ten dereito a comunicar os seus pensamentos e opinións ós adultos que o arrodean. 5º: tódolos nenos deben pagar en prioridade ó tesouro familiar o seu imposto de amor. 6º: todo neno é libre de protestar polo traxe de mariñeiro que o obrigarán a vestir entre os cinco e catorce anos. 7ª: todo neno é inocente ata que sexa declarado culpable de chegar a home. 8º : todo neno é responsable dos futuros fillos do home que será un día…”,

P.D. : o día da visita a Bemposta para solicitar do P. Silva a presencia do “stand” na feira de Foz, celebràbase no Pavillón de Deportes das Burgas unha edición do “Certame da Canción do Miño” , ó que asistimos. Resultara trunfador/revelación da noite o que dende entón e, aínda hoxe, un nomeado cantante da nosa terra : un mozo, mariñeiro de Moaña, chamado : Xil Ríos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES