Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

martes, 22 de noviembre de 2016
Para pasar a tarde

Para Evaristo Torcuto Salerón a tarde púxose boa. Con sol e, de cando en vez, con nubes que tapaban ese sol. Así, se ó sol pasaba calor coa Pingas de orballocazadora, axiña asomaba unha longa sombra para non se sentir incómodo. Intuíndo isto, Evaristo Torcuto díxose que a mellor opción para pasar ben a tarde (e así non estar todo o tempo estomballado no sofá) era largar a ler polo paseo do río. Dito e feito, ás tres e algo colleo "Abril vermello", de Santiago Roncagliolo, e tirouse máis dunha hora lendo e paseando. Cando chegou á fin do percorrido, non lle quedou outra que parar a tomar o seu café. A Evaristo Torcuto Salerón non lle podía faltar o seu cafeciño. E mentres o tomaba botoulle unha ollada ó xornal que lle faltaba por ler. O outro xa o lera pola mañá cando saíra a tomar café coa súa dona. Ós domingos sempre saen a tomar café.


Queda quietiño
Pingas de orballo
A onde vas detrás do sol?. Non corras tras do sol. Que te podes queimar. Queda quietiño. Para que o soño non vaia máis alá das sabas e a noite non lisque polo faiado. Queda quietiño. Para que o orballo non pingue na túa alma e para que os pardais non fuxan da treboada. Pero que ninguén che corte as ás. Sabes que é bo e bonito saber e poder voar. Voa como queiras. Voa coa imaxinación. Voa tirándote desde o campanario da igrexa de Baños de Molgas. Ou desde a ponte romana. Pero voa. Non corras tras do sol. Deixa que as pingas de orballo debuxen sobre ti o Parque Ansuíña ou a Aira do Pombal. Queda quietiño. Para que o ruxerruxe dun asubío rastrexe por Barricobos ou por Sudalomba abaixo. Queda quietiño. Para que sobre as pedras da rúa da Igrexa se escriban os recordos dun tempo que xa foi. Pero que nunca marchou. Está aí. Está aquí. Estará sempre.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES